Tellado cre que hoxe comeza “a formación dun proxecto que debe ilusionar á cidade da Coruña”

Santiago, 21 de abril 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, ofreceu unha rolda de prensa este venres nas horas previas ao Congreso local da cidade da Coruña, e na que destacou que agarda desta cita que “saia un partido local máis unido, máis activo e, por tanto, máis forte, de cara ao duro traballo que hai por diante nos dous vindeiros anos”. Sobre isto, incidiu en que hoxe comeza a “formación dun proxecto que debe ilusionar á Coruña” e co obxectivo de desbancar a Xulio Ferreiro do “desgoberno da cidade”.
Continue reading

O GPP salienta a forte proxección da castaña de Galicia a nivel nacional e internacional

Santiago, 20 de abril de 2017.- O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, José González, salientou hoxe a “forte proxección da castaña de Galicia a nivel nacional e internacional en canto á súa capacidade de crecemento”, polo que avogou polo “incremento do volume de plantación de castiñeiros como vía de desenvolvemento do rural galego, especialmente nas zonas de montaña do interior de Galicia”.

Continue reading

Cristina Romero considera “surrealista” que en Marea traia ao Parlamento a praza de abastos da Ponte en Ourense cando os seus “correlixionarios no Concello levántanse do pleno cando se fala do asunto”

Santiago, 20 de abril de 2017.- A portavoz de Comercio do Grupo Popular, Cristina Romero, cualificou de “surrealista que o grupo de En Marea traia ao debate no Parlamento a apertura da praza de abastos da Ponte cando os seus correlixionarios no Concello de Ourense levántanse do Pleno municipal cando se fala deste mesmo asunto”.

Continue reading

O PPdeG critica que a aoposición pretenda botar abaixo o acordo do pleno para que se estenda a cobertura de internet a 30 megas ao 90% da poboación en 2019

Santiago, 20 de abril de 2017.- O portavoz de Novas Tecnoloxías do Grupo Popular, Moisés Blanco, criticou hoxe que os grupos da oposición “pretendan botar abaixo a proposición o acordo acadado hai menos dun mes no Pleno para que as empresas operadoras de telefonía estendan a cobertura de 30 megas ao 90 por cento da poboación do rural galego a finais de 2019”.

Continue reading

O PPdeG defende un modelo mixto e autoconsumo de enerxía no que convivan as grandes plantas de produción coas pequenas instalacións

Santiago, 20 de abril de 2017.- A portavoz de Enerxía do  Grupo Popular, Marta Nóvoa Iglesias, afirmou hoxe no Parlamento que “defendemos un modelo mixto de autoconsumo de enerxía no que convivan as grandes plantas de produción coas pequenas instalacións”. Neste sentido, dixo que “permitir o autoconsumo nas condicións que formula a oposición é a medida máis antisocial que existe, porque é excluír do pago do custo do sistema a aqueles que poden permitirse estas instalacións, obrigando ao resto de consumidores a pagarlle as súas peaxes”.
Continue reading

O Parlamento insta á Xunta a poñer en marcha un procedemento de consulta previa á elaboración de normativa

Santiago, 19 de abril de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancias do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a poñer en marcha no primeiro semestre deste ano un procedemento de consulta publica previa á elaboración polo Goberno galego de normativa, co obxecto de fomentar a participación da cidadanía e das organizacións e asociacións con carácter previo á redacción dos proxectos de regulamento e anteproxectos de lei que teñan impacto significativo na actividade económica ou impoñan obrigas relevantes para os seus destinatarios.

Continue reading

O PPdeG salienta que Sogama prevea alcanzar o vertido técnico cero en 2019

Santiago, 19 de abril de 2017.- O portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Gonzalo Trenor, salientou hoxe no Parlamento que o sistema de tratamento de residuos impulsado desde a Xunta de Galicia “funciona con eficiencia, pois Sogama pon en valor os residuos recibidos nas súas instalación e vén desenvolvendo un proceso continuo de optimización das súas instalacións que permite unha mellora continuada dos resultados”. Neste sentido, lembrou que Sogama ten previsto alcanzar o vertido técnico cero ao longo de 2019 “grazas ao proxecto de ampliación e optimización industrial que se iniciará o vindeiro mes de xuño”.

Continue reading

O Parlamento insta á Xunta a mellorar a seguridade viaria da estrada LU-664 ao seu paso por Monforte de Lemos

Santiago, 19 de abril de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a iniciativa da deputada popular Julia Rodríguez, unha proposición non de lei a través da que se demanda á Xunta a estudar as medidas que sexan oportunas para mellorar a seguridade viaria da estrada LU-664 ao seu paso por Monforte de Lemos, en concreto no tramo da ronda María Emilia Casas Baamonde e con especial atención á confluencia desta ronda coa rúa Corredoira e Abeledos, e a estrada de Currelos.

Continue reading