Santiago, 13 de febreiro de 2017.- O Grupo Popular designou esta mañá aos deputados e deputadas responsables de cada portavocía, unha vez tivo lugar a configuración definitiva deste grupo parlamentario, que presenta unha renovación do 56 por cento respecto do final da pasada lexislatura. Así mesmo, o portavoz Pedro Puy manifestou a satisfacción da delegación galega que asistiu ao Congreso Nacional do Partido Popular, tanto polos resultados conseguidos a nivel orgánico, co incremento de galegos nos órganos de dirección do partido, como coa aprobación de ideas e textos políticos que marcarán a actuación do PP no futuro.
O PPdeG incrementa a súa presenza na dirección nacional do Partido Popular
Madrid, 11 de febreiro de 2017.- O Partido Popular de Galicia incrementa o seu peso na nova dirección que sairá do 18 Congreso Nacional do PP, ao sumarse como vogal do Comité Executivo o secretario xeral autonómico, Miguel Tellado, que ocupa este cargo desde o mes de maio de 2016.
Feijóo: “Estamos nun momento inmellorable para consagrar un sistema de financiamento autonómico xusto e equitativo”
Madrid, 11 de febreiro de 2017.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou esta mañá que todos os españois deben ter garantidos uns servizos públicos de calidade, vivan onde vivan. Para que isto se faga efectivo, “estamos nun momento inmellorable para corrixir o que se fixo mal e consagrar un sistema de repartición xusta e equitativa” na negociación sobre o financiamento autonómico.
O PPdeG acode a Madrid a “contribuír á renovación do ideario do partido para seguir ao servizo dos cidadáns”
Madrid, 10 de febreiro de 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, chegou este venres a Madrid para participar no XVIII Congreso Nacional do Partido Popular e destacou que os populares galegos acoden a esta cita con vontade de “contribuír á renovación do ideario do partido para seguir sendo útiles aos cidadáns, cuns postulados actualizados que sirvan para afrontar os desafíos comúns que temos por diante nos próximos anos”.
O GPP afirma que o servizo de orientación do colexio de Escarabote está axustado ao que establece a normativa
Santiago, 9 de febreiro de 2017.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, César Fernández, afirmou esta tarde no Parlamento que o servizo de orientación que se presta no colexio de Escarabote no Concello de Boiro está axustado conforme ao que establece a normativa en función da situación actual do centro de ensino. “No caso de que nun futuro houbese un incremento de matrícula, será a propia inspección educativa a que demande máis persoal para este servizo”, sinalou.
O PPdeG asegura que a Xunta modifica á alza o tempo de redución de xornada laboral dos empregados públicos para o coidado de fillos con enfermidades graves
Santiago, 9 de febreiro de 2017.- O deputado do Grupo Popular Jacobo Moreira destacou hoxe que a Xunta vén mellorando á alza o tempo de redución da xornada laboral dos empregados públicos para o coidado de fillos con enfermidades graves, fixando un chan superior á metade da xornada.
O GPP salienta que o Servizo galego de emerxencias está cualificado como o máis axeitado para unha comunidade como Galicia
Santiago, 9 de febreiro de 2017.- A deputada do Grupo Popular Encarna Amigo salientou hoxe no Parlamento que “o Libro Branco dos servizos de emerxencias médicas en España cualifica o modelo galego como o máis axeitado para unha comunidade coas características de Galicia”. “Ademais, o 061 é o servizo máis valorado polos galegos de entre todos os que ofrece o Servizo Galego de Saúde, cunha porcentaxe do 98,9 por cento dos usuarios que volverían a empregar o servizo en caso de necesidade”, engadiu.
O GPP avoga polo consenso e o acordo entre médicos e enfermeiros para a correcta dispensación de fármacos
Santiago, 9 de febreiro de 2017.- A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo avogou hoxe polo consenso e o acordo entre médicos e enfermeiros para a correcta dispensación de fármacos.
O PPdeG afirma que o Servizo de prevención e defensa contra incendios combina presenza suficiente de traballadores en épocas de maior risco coa xestión adecuada de recursos públicos
Santiago, 8 de febreiro de 2017.- O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, José González Vázquez, afirmou hoxe no Parlamento que a contratación de persoal para o Servizo de prevención e defensa contra incendios forestais (SPDCIF) “combina a súa presenza suficiente nas épocas de maior risco no ano coa flexibilización na contratación que demanda unha xestión adecuada dos recursos públicos”. Así mesmo, expresou o seu compromiso para reunirse con estes traballadores para coñecer de primeira man as súas demandas de melloras laborais.
O GPP pide aos grupos da oposición que apoien os orzamentos do Estado no Congreso que incorporarán as partidas necesarias para o AVE galego
Santiago, 7 de febreiro de 2017.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, manifestou esta tarde no Parlamento que, logo dos compromisos asumidos polo ministro de Fomento, “só hai unha incertidume” para a execución das obras, polo que demandou á oposición que “apoien os orzamentos do Estado no Congreso dos Deputados que incorporarán as partidas necesarias para a construción do AVE a Galicia”.