Santiago, 12 de decembro de 2016.- Julia Rodríguez Barreira, pola provincia de Lugo; Carlos Gómez Salgado, por Ourense; e Marián García Míguez, por Pontevedra, tomarán mañá ao inicio do Pleno posesión dos seus escanos no Parlamento galego como novos deputados do Grupo Popular.
O GPP solicita constituír comisión investigación sobre as caixas para rematar traballos da pasada lexislatura
Santiago, 3 de decembro de 2016.- O Grupo Popular solicitou a incorporación no vindeiro Pleno ordinario do debate para a creación dunha comisión de investigación sobre a evolución das caixas de aforro galegas, a súa transformación en bancos e as indemnizacións millonarias dos seus directivos co obxecto de rematar os traballos realizados durante a pasada lexislatura.
Puy asegura que os orzamentos da Xunta para 2017 permitirán “avanzar no crecemento sobre bases sans e sólidas”
Santiago, 3 de decembro de 2016.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, asegurou hoxe que os orzamentos da Xunta para 2017 permitirán “avanzar no crecemento sobre bases sans e sólidas, o que se traduce nunha maior capacidade de gasto, mellores dispoñibilidades económicas dos cidadáns a través das rebaixas impositivas e un incremento da política social”.
O Grupo Popular solicita a posta en marcha dun plan de adaptación e supresión de barreiras arquitectónicas
Santiago, 3 de decembro de 2016.- Con motivo da celebración do Día internacional das persoas con discapacidade, o Grupo Popular rexistrou hoxe unha proposición non de lei a través da que insta á Xunta de Galicia a poñer en marcha un plan de adaptación e supresión de barreiras arquitectónicas.
O Grupo Popular apoia a continuidade da tramitación da ILP sobre pobreza enerxética
Santiago, 2 de decembro de 2016.- O Grupo Popular apoiou hoxe na Comisión 6ª a continuidade da tramitación da iniciativa lexislativa popular sobre pobreza enerxética, “aínda que este tipo de propostas lexislativas, a diferenza dos demais proxectos ou proposicións de lei, xa continúan a súa tramitación dunha lexislatura para outra, logo da modificación da lei realizada o pasado ano a iniciativa do PPdeG”, explicou o viceportavoz Miguel Tellado.
Tellado: “O maior descenso do paro de novembro en 18 anos evidencia que a nosa estratexia económica é eficaz”
Santiago, 2 de decembro de 2016.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, puxo en valor que Galicia peche novembro con 21.604 desempregados menos que no 2015, o que supón un descenso interanual do 9,60% e un punto máis que a media do Estado.
O Grupo Popular reitera o seu compromiso coa actividade industrial e o emprego na empresa Ferroatlántica
Santiago, 2 de decembro de 2016.- O Grupo Popular volveu amosar este venres na Comisión 6ª do Parlamento o seu compromiso firme co mantemento dos postos de traballo e a actividade industrial na empresa Ferroatlántica. O voceiro de Industria, Miguel Tellado, lembroulle aos grupos da oposición que hai un acordo en vigor acadado por unanimidade na Cámara a pasada lexislatura en relación á non segregación das actividades hidroeléctricas e ferroalixes das factorías de Cee e Dumbría. Malia iso, os populares accederon a votar a favor das propostas do BNG e En Marea, “para que non quede dúbida do noso posicionamento”.
O Parlamento demanda á Xunta, a iniciativa do Grupo Popular, fomentar o uso da lingua galega entre a mocidade
Santiago, 1 de decembro de 2016.- O Parlamento galego aprobou hoxe, a proposta do Grupo Popular, solicitar á Xunta que inicie un proceso de deseño e planificación de políticas de dinamización lingüística, coa implicación do conxunto da sociedade e de diferentes axentes, para fomentar o uso da lingua galega entre a mocidade.
O GPP afirma que “é o momento do consenso para acadar un pacto pola Educación que prime os intereses dos alumnos”
Santiago, 1 de decembro de 2016.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, César Fernández, sinalou esta tarde no Parlamento que “é o momento de poñernos a traballar na busca dun consenso para acadar un pacto pola educación que prime os intereses dos alumnos por riba dos intereses políticos”.
O GPP apoia solicitar ao Goberno central que continúe os trámites para a construciónn da saída sur ferroviaria de Vigo
Santiago, 1 de decembro de 2016.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación por unanimidade na Comisión 2ª do Parlamento dunha proposición non de lei, impulsada polo PSdeG, a través da que se demanda ao Goberno central a continuación dos trámites administrativos e técnicos necesarios para afrontar a construción da coñecida como Saída Sur ferroviaria da cidade de Vigo, que implique o desvío do paso do tren polo centro do Porriño. Así mesmo, demándase que esta nova infraestrutura teña prestacións de alta velocidade e se coordine co goberno portugués.