O Parlamento pide ao Goberno central dotar ao rural galego dun servizo de telefonía fixa e internet de calidade

Santiago, 25 de outubro de 2022.-  O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de lei, que foi transaccionada entre o Grupo Popular e o BNG, a través da que se solicita ao Goberno de España, de conformidade cos obxectivos fixados pola Unión Europea, que dote ás vivendas do rural galego, en máis en concreto ás do Caurel, dun servizo de telefonía fixa e internet de calidade, ao tempo que se defenda un custo do servizo asumible para que as familias do rural se poidan beneficiar da conectividade en igualdade de condicións que as das zonas urbanas.

Continue reading

Puy critica a “falta de coherencia” do BNG ao criticar os orzamentos da Xunta pero non rexeitar os do Estado, postos en dúbida por AIReF e Banco de España

Santiago, 24 de outubro de 2022.-  O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, criticou hoxe a “falta de coherencia” do BNG ao cualificar de “irreais” os orzamentos da Xunta, porque afirman que “as cifras de crecemento non están axustadas, baseándose nun informe dun organismo privado sen ter en conta outros que o respaldan, como a AIReF ou o Foro Económico de Galicia, ao tempo que rexeitan presentar unha emenda á totalidade aos presupostos do Estado, que si foron postos en cuestión pola AIReF, o Banco de España ou Funcas”.

Continue reading