Demanda ao Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030 a elaboración dunha nova Ley de Familias consensuada coas comunidades autónomas
O Día Internacional das Familias celébrase o 15 de maio de cada ano para crear conciencia sobre o papel fundamental das familias na educación dos fillos desde a primeira infancia, e as oportunidades de aprendizaxe permanente dos fillos desde a primeira infancia, e as oportunidades de aprendizaxe permanente que existen para os nenos e nenas e xóvenes.
A pesar de que o concepto de familia se ten transformado nas últimas décadas, evolucionando de acordo ás tendencias mundiais e os cambios demográficos, as Naciones Unidas consideran que a familia constitúe a unidade básica da sociedade. Neste contexto, o Día Internacional das Familias brinda a oportunidade de recoñecer, identificar e analizar cuestións sociais, económicas e demográficas que afectan a o seu desenvolvemento e evolución.
Unha Galicia máis cohesionada é aquela que acompaña e arroupa ás familias como unidade básica da nosa sociedade. Podemos sentirnos moi orgullosos de formar parte dunha comunidade que se converteu nunha referencia a nivel nacional neste aspecto.
En abril de 2020, fomos os primeiros en facer a escola infantil gratis para os segundos fillos e sucesivos; en febreiro de 2021 fomos os primeiros en aprobar a Lei de impulso demográfico a nivel nacional, para dar resposta á prioridade número 1 da nosa terra; e en setembro de 2022, volveremos ser os primeiros en lograr unha medida sen precedentes en España nin en Europa: a gratuidade total da educación infantil de 0 a 3 anos, para todos os fillos, en todas as escolas.
A gratuidade da educación infantil axudará á conciliación, por suposto, pero sobre todo ten que ver coa igualdade de oportunidades. Galicia, con esta aposta sen precedentes, apoia a todas as familias, sexan cales sexan as súas características, a facer realidade o seu proxecto de vida en liberdade.
Para iso, no 2022 a Xunta de Galicia inviste en materia de Familia, Infancia e Dinamización demográfica un mínimo de 168,3 millóns de euros. A esta cifra aínda lle hai que agregar o impacto económico da universalización da educación infantil.
En paralelo, as contas da Xunta de Galicia inclúen fondos para manter todas as medidas que levan varios anos acompañando ás familias: Tarxeta Benvida, Bono Coidado ou as Casas Niño.
Neste contexto é fundamentar contar cun marco lexislativo adaptado á realidade actual. É necesario revisar e actualizar a Ley de Protección a las Familias Numerosas xa que data do ano 2003 e non recolle cuestións fundamentais como as custodias compartidas ou a vixencia dos títulos de familia numerosa, o que deixas ás comunidades autónomas nunha situación complicada para regular estas cuestións.
A ministra de Derechos Sociales y Agenda 2030 ven de anunciar, despois de intensas negociacións internas, un acordo no seno do Goberno para a aprobación no mes de setembro no Consello de Ministros da Ley de Diversidad Familiar.
Nunha intervención con motivo do Día Internacional das Familias dicía: “Me alegra anunciarles que hemos llegado a un acuerdo y tenemos el compromiso de nuestro socio de gobierno para llevar un texto conjunto en septiembre al Consejo de Ministros”.
Sen embargo, as intensas negociacións unicamente foron entre os socios de Goberno pero en ningún momento foron escoitadas as propostas das comunidades autónomas.
Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario Popular presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Comisión 5ª:
“O Parlamento insta á Xunta de Galicia a demandar ao Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030 a elaboración dunha nova Ley de Familias consensuada coas comunidades autónomas”