Iniciativa sobre a demanda que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central para a ampliación do programa de apoio á celebración do Ano Santo Xacobeo 2021
Como sinal de identidade de “Galicia destino único”, temos o camiño de Santiago e o Xacobeo, que tanto aportou ao turismo de Galicia e que cada ano supera os datos do anterior, en visitantes, e sobre todo nos servicios e actividades que se están a crear e ofertar para atender e satisfacer co selo de excelencia, marca do turismo galego.
O Camiño de Santiago e a tradición Xacobea representan un modelo de valores, unha referencia universal de concordia, convivencia, esforzo e solidaridade, valores que hoxe cobran máis importancia ca nunca. Esta debe ser a imaxe de marca de Galicia, estes valores son a nosa mellor carta de presentación en todo o mundo, a chave que nos conecta con centos de miles de persoas a escala global.
O Xacobeo debe ser un poderoso motor de creación de riqueza sustentable para Galicia primando a excelencia, calidade e diversidade de públicos, para que poida estenderse ao longo do territorio galego, descentralizar os fluxos turísticos aproveitando os recursos de cada lugar achegando riqueza a todo o territorio e impulsando a cohesión.
A celebración do “Año Santo Xacobeo 2021” ten a consideración de acontecemento de excepcional interese público aos efectos do disposto no artigo 27 da ley 49/2002, de 23 de diciembre, de régimen fiscal de las entidades sin fines lucrativos y de los incentivos fiscales al mecenazgo.
A duración inicial do programa de apoio mediante desgravacións fiscais abarcaba dende o 1 de outubro de 2018 ata o 30 de setembro de 2021, que se ben foi ampliado ata o 30 de setembro de 2022 esta ampliación é considerada insuficiente polo sector que demanda amplialo ata finais de 2023
Polo exposto, O Grupo Parlamentario Popular de Galicia presenta a seguinte proposición non de lei en comisión:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a solicitar do goberno de España a ampliación programa de apoio ao Xacobeo 2021 mediante desgravacións fiscais ata o 31 de decembro de 2023”
Rexistro: https://www.parlamentodegalicia.es/Expedientes/11/PNC-000654