Iniciativa sobre a modificación dos artigos 245 e 269 da Lei Orgánica 10/1995, do 23 de novembro do Código Penal para endurecer as penas no caso de ocupación da vivenda ou inmoble, especialmenteo no caso de mafias
Nos últimos anos, aumentou o fenómeno da ocupación ilegal de vivendas por parte das mafias en España, ao igual que continuou o incremento das denuncias por violación ou ocupación a domicilios, segundo datos do Ministerio do Interior.
Galicia tampouco é allea a ese fenómeno. Os medios de comunicación facíanse eco recentemente dun informe da Federación Galega de Empresas Inmobiliarias, que cifraba en 600 vivendas as ocupadas en Galicia, cun incremento do 15,3 % respecto do ano anterior, concluíndo que a usurpación e violación de vivendas constitúe un grave problema social.
A vivenda protéxese no ordenamento xurídico español para evitar a ocupación («okupación», como popularmente se coñece a estas accións ilegais), tanto desde a perspectiva penal como civil e administrativa. A ocupación, en efecto, é a tenencia ou posesión dun ben de maneira ilexítima e ilegal, en contra da vontade do propietario ou posuidor con título ou dereito.
O Código Penal contén, en primeiro lugar, o delito de usurpación no artigo 245 CP, como medida evidentemente desalentadora do movemento da denominada ocupación (en palabras da Sentenza do Tribunal Supremo 720/2018, de 13 de decembro de 2018).
Esta resolución tamén indica que «concorrendo espazos de protección superpostos» a vivenda protéxese na vía civil «a través dos procesos “sumarios” de protección do dereito real inscrito (art. 250.1.7 LAC en relación co artigo 41 LH), interditais (art.
250.1.4 LAC en relación co 446 CC) ou do desafiuzamento por precario (con forza de cousa xulgada, e por ilo con plenitude de coñecemento e medios probatorios, relativo ao ámbito posesorio de cuxa recuperación se trata), con fundamento no dereito á posesión real do titular, coas consecuentes facultades de exclusión e de recuperación posesoria, derivados do CC e da LAC (sen que poida opoñerse a posesión clandestina e sen coñecemento do posuidor real que, conforme ao art. 444 CC non afectan á posesión)»
A defensa contra actos que perturben a posesión dun inmoble destinado a vivenda que se conten no mencionado artigo 250.1.40 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de Axuizamento Civil, foi modificado pola Lei 5/2018, do 11 de xuño, con resultados moi positivos en canto ao acurtamento de prazos e axilización de procedementos, cun tratamento especial do xuízo verbal para o exercicio do interdito de recobrar a posesión, permitindo pedir a inmediata recuperación da plena posesión dunha vivenda ou parte dela, sempre que se vira privada dela sen o seu consentimento a persoa física que sexa propietario ou posuidor lexítimo por outro título e as entidades sen ánimo de lucro con dereito a posuír a vivenda e as entidades públicas propietarias ou posuidoras lexítimas de vivenda social.
En terceiro lugar, a vivenda protéxese administrativamente a través da Lei Orgánica de Seguridade Cidadá na que se recolle como infracción leve no artigo 37 do seu texto a ocupación de calquera inmoble, vivenda ou edificio alleo, ou a permanencia neles, en ambos os casos contra a vontade do seu propietario, arrendatario ou titular doutro dereito sobre o mesmo, cando non sexan constitutivas de infracción penal.
As tres vías xurídicas redundan na protección do dereito a vivenda (que é un principio reitor do artigo 47 CE) e o dereito á propiedade privada sen esquecer a función social determinada legalmente desta (que é un verdadeiro dereito contido no artigo 33 CE, no Capítulo Segundo do Título Primeiro, referente aos dereitos e liberdades, que se sitúa entre os «dereitos e deberes dos cidadáns» da Sección 2.a).
Pero ademais das medidas legais xa existentes para combater esta forma de delincuencia e salvagardar a propiedade ou a posesión lexítima e pacífica, o ordenamento xurídico debe ser adaptado e mellorado para permitir unha protección efectiva dos titulares de dereitos e, ademais, ha de ter en conta un ben xurídico a protexer que ata o de agora non tivo a debida consideración: a convivencia veciñal pacífica e respectuosa en aras da seguridade das persoas e as cousas. Trátase de situacións, moi comúns, en que a ocupación dunha vivenda de maneira ilegal e en contra do titular da mesma prodúcese comportanto unha alteración da convivencia veciñal, é dicir, non se entende unicamente perturbado o dereito do propietario ou posuidor lexítimo, cuxa defensa xa contempla o ordenamento xurídico, senón que se provoca unha inseguridade dos veciños da comunidade de propietarios na que se instalan os ocupantes ilegais. Ás veces pola ruptura das normas de réxime interno de
vedadas ao resto de veciños que sí conviven con títulos xurídicos. As duras consecuencias non só para a propiedade, senón para a seguridade que ten a ocupación nas súas diversas formas, aconsellan un reforzo das medidas actualmente existentes no ordenamento xurídico, tanto a nivel penal como administrativo e civil. A iso únese un ámbito, o da Comunidade de Propietarios, que sendo civil, quedou ata o de agora sen mención xurídica.
En definitiva, trátase de asegurar o desaloxo inmediato da vivenda ocupada no caso de que a situación sexa de fragrante delito, e no caso de que non o sexa, en 24 horas por parte da Policía; a recuperación do delito de usurpación de bens inmobles con pensas de entre 3 e 5 anos para que se poidan tomar medidas cautelares; asi como a imposibilidade de que se poidan empadroar e ter acceso a determinados beneficios e de endurecer as penas no caso de que se trate de mafias organizadas.
Así como deslindar con claridade as situacións de vulnerabilidade ou exclusión social por motivo de vivenda e de protección ás familias en situación de emerxencia social, co fenómeno da ocupación ilegal a que esta iniciativa responde. A un okupa non se lle desafiuza, desalóxase, e ao vulnerable protéxeselle, sen que o Estado traslade á cidadanía as súas propias responsabilidades en ningún de estes dous casos.
Por todo o anterior o Grupo Parlamentario Popular presenta a seguinte proposición non de lei en Comisión :
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a demandar ao Goberno de España a que proceda a:
1.- Modificar os artigos 245 e 269 da Lei Orgánica 10/1995, do 23 de novembro do Código Penal para endurecer as penas no caso de ocupación da vivenda ou inmoble, especialmente no caso de mafias. Recuperar o delito de usurpación de bens inmobles con penas de entre 3 e 5 anos.
2.- Incluír novas medidas procesuais na Lei de Axuizamento Criminal para mellorar a protección das persoas físicas ou xurídicas que sexan propietarias ou posuidoras lexítimas dunha vivenda ou inmoble co obxectivo de recuperar a plena posesión dunha vivenda ou parte dela, sempre que se viran privados da mesma sen o seu consentimento. Proceder ao desaloxo da vivenda ocupada en situación de flagrante delito ou, en caso de que non o sexa, en 24 horas por parte da Policía.
3.- Modificar a Lei 49/1960 sobre propiedade horizontal para que se habilite ás comunidades de propietarios como persoas xurídicas para que poidan iniciar osevitando actividades molestas, insalubres, nocivas, perigosas ou ilícitas.
4.- Incluír un novo apartado no apartado 4 do artigo 18 da Lei 7/1985, de 2 de abril, de Bases de Réxime Local para evitar a inscrición no padrón municipal dun ocupante ilegal definido na Lei Orgánica contra a ocupación ilegal e para a convivencia veciñal e a protección da seguridade das persoas e cousas nas comunidades de propietarios.
Así como solicitar que esta inscrición se considere nula e non constitúa proba da súa residencia ou domicilio nin se lles atribúa ningún dereito. A tales efectos, os concellos darán de baixa de oficio ou a instancia do propietario ou posuidor real lexítimo as inscricións en canto tiveran coñecemento dilo.
5.- Modificar a lexislación tributaria para a redución de obrigacións contributivas de arrendadores que xustifiquen a non percepción de rendas”.