O Parlamento galego demanda ampliar o número de concellos que colaboran con Portos de Galicia no control da práctica da pesca recreativa

Santiago, 7 de xuño de 2022.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a incrementar o número de concellos que colaboran con Portos de Galicia no control da práctica da pesca recreativa nos peiraos dos seus municipios, velando pola seguridade de todos os usuarios e polo desenvolvemento normal da actividade portuaria.

Seguir leyendo

O Parlamento de Galicia pide ao Goberno de España unha operación para localizar o Villa de Pitanxo e realizar un estudo sobre o seu estado

Santiago, 7 de xuño de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España a posta en marcha dunha operación de traballo subacuático que permita localizar o pecio do buque Villa de Pitanxo, descender ao mesmo e elaborar un traballo fotográfico e audiovisual sobre o seu estado, así como a recoñecer os seus arredores e zona exterior do buque para verificar a posible localización de corpos dos tripulantes desaparecidos.

Seguir leyendo

Alberto Pazos demanda a BNG e PSdeG o mesmo ánimo de chegar a acordos que o que terá o Presidente Rueda para as reunións desta tarde

Santiago, 6 de xuño de 2022.- “Esperamos que os responsables da oposición acudan a esta reunión co mesmo ánimo de chegar a acordos que o manifestado polo Presidente Rueda polo ben de Galicia e de todos os galegos, deixando a un lado os seus intereses partidistas e abandonando o ton crispado que protagonizaron estas últimas semanas”, manifestou hoxe o viceportavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos.

Seguir leyendo

O Parlamento galego solicita a posta en marcha dun programa de revitalización dos viveiros forestais

Santiago, 3 de xuño de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o PSdeG, unha proposición non de lei a través da que se solicita a posta en marcha dun programa de actualización e revitalización da rede de viveiros forestais, así como a actualización da normativa da Comunidade galega pola que se crea o sistema oficial para o control da produción e comercialización dos materiais forestais de reprodución.

Seguir leyendo

O Grupo Popular critica ao PSdeG por impulsar o proceso de reestruturación bancaria e esixir agora responsabilidades a outros partidos

Santiago, 3 de xuño de 2022.- O viceportavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, amosou hoxe no Parlamento galego a súa “sorpresa porque o Partido Socialista, que impulsou o proceso de reestruturación bancaria, que lexislou as condicións dese proceso e que ostentaba as competencias de supervisión bancaria, esixa agora responsabilidades a outros partidos”.

Seguir leyendo

Paula Prado asegura que Galicia é das comunidades máis avanzadas na protección fronte ao uso indebido dos cartos e do patrimonio público

Santiago, 1 de xuño de 2022.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, asegurou hoxe no Parlamento galego que “os mecanismos de transparencia e de bo goberno en Galicia funcionan con total normalidade e plena operatividade”. “Podemos afirmar que os contrapesos que garanten a protección da cidadanía fronte a hipotéticas arbitrariedades do poder público e fronte ao uso indebido dos cartos ou do patrimonio público son en Galicia dos máis avanzados”, salientou.

Seguir leyendo

O Parlamento pide ao Goberno central un compromiso firme coas infraestruturas transfronteirizas, como o AVE Vigo-Porto

Santiago, 1 de xuño de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se reivindica ao Goberno de España un compromiso firme cos proxectos de cooperación transfronteiriza en materia de infraestruturas estratéxicas como a saída sur de Vigo, o trazado por territorio español do AVE Vigo-Porto, a conexión internacional transfronteiriza entre Macedo de Cavaleiros e A Gudiña, pasando por Vinhais; así como a conexión por estrada entre a AG-31 e a IC-28 pola fronteira da Madalena.

Seguir leyendo