O PPdeG salienta que a Xunta “fai os deberes para recuperar o marisqueo na ría de Ferrol” fronte ao Goberno central que “non fixo nada do prometido”

Santiago, 3 de maio de 2022.- A deputada do Grupo Popular Begoña Freire salientou hoxe no Parlamento galego que “a Xunta está a facer os seus deberes para recuperar a produción marisqueira na ría de Ferrol” e criticou que o Goberno central “non fixo nada do prometido nin acometeu actuación algunha para acadar unha solución, mesmo poñendo trabas legais para o acceso ao cese de actividade”.

Seguir leyendo

O Parlamento demanda ao Goberno de España que os buques españois se beneficien da rebaixa no combustible cando enchen en portos estranxeiros

Santiago, 3 de maio de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España que habilite as medidas pertinentes para que os buques galegos e españois que faenen en augas internacionais ou fóra da Zona Económica Exclusiva (ZEE) española poidan ser beneficiarios da rebaixa dos 20 céntimos cando boten combustible en portos estranxeiros coa mediación ou intervención directa de operadores loxísticos ou subministradores españois de hidrocarburos.

Seguir leyendo

O Grupo Popular insiste na defensa do diálogo para avanzar na explotación sustentable da mexilla

Santiago, 3 de maio de 2022.- A portavoz do Mar do Grupo Popular, Teresa Egerique, incidiu hoxe na defensa do diálogo para avanzar na explotación sustentable dos distintos recursos mariños, como é o caso da mexilla, polo que apoiou a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se pide o cumprimento dos acordos adoptados nas diferentes mesas de diálogo abertas cos sectores implicados, bilateral ou multilateralmente.

Seguir leyendo

Pedro Puy traslada ao Presidente do Parlamento a proposta para que Alfonso Rueda sexa o candidato á investidura como Presidente da Xunta

Santiago, 2 de maio de 2022.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, vén de propoñer esta mañá ao Presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, que o deputado e vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela, sexa o candidato á investidura como novo Presidente da Xunta, unha vez ten formalizada a renuncia o actual Presidente en funcións, Alberto Núñez Feijóo.

Seguir leyendo

O PPdeG destaca a convocatoria pola Xunta de 6 prazas de facultativos para os centros de saúde do Morrazo

Santiago, 28 de abril de 2022.- O deputado do Grupo Popular no Parlamento de Galicia, Manuel Santos, amosou hoxe a satisfacción pola publicación onte no Diario Oficial de Galicia dunha convocatoria extraordinaria de prazas de facultativos de atención primaria que inclúe a cobertura con carácter fixo de 6 prazas na comarca do Morrazo. Concretamente, e tal e como detalla o DOG, trátase de tres prazas no centro de saúde de Moaña, dúas no de Marín e unha no de Cangas do Morrazo, “unha demostración da aposta do Goberno galego por reforzar a sanidade pública nesta comarca”, asegurou.

Seguir leyendo