O PPdeG critica que “o descoñecemento leve aos responsables do BNG a dicir disparates sobre as plantacións de eucalipto”

Santiago, 15 de marzo de 2019.- O portavoz do Medio Rural, Moisés Blanco, criticou hoxe que “o descoñecemento dos representantes do BNG respecto da política forestal do Goberno galego lévaos a dicir disparates como que a Xunta remitiu datos falsos á Comisión Europea respecto das plantacións de eucalipto”. “Non se pode confundir a planificación contemplada no Plan Forestal de Galicia, actualmente en plena elaboración, co Programa de Desenvolvemento Rural (PDR), que é o que realmente supervisan as autoridades europeas”, sinalou.

Feijóo di que o PP é a única vía segura para que non goberne Pedro Sánchez e se teña en consideración a Galicia

16, marzo, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, fixo fincapé na importancia de distinguir o voto útil do que non o é, polo que apuntou que quen queira que goberne Pedro Sánchez pode votar a calquera, pero “quen queira que non goberne e haxa un goberno alternativo, só ten unha vía segura: o Partido Popular”. Por iso, salientou que para que Galicia se teña en consideración só están as siglas do Partido Popular e un candidato, Pablo Casado.

Seguir leyendo

O Grupo Popular apoia solicitar que a Xunta aprobe o proceso para implementar cláusulas de igualdade na contratación pública

Santiago, 13 de marzo de 2019.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación no Parlamento dunha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta para que defina e aprobe no prazo de seis meses, en colaboración coas forzas políticas, sindicais e axentes sociais e económicos, o proceso metodolóxico para a implantación de cláusulas de igualdade na contratación pública onde se contemple: diagnose, planificación para a posta en marcha e mecanismos de avaliación.
Seguir leyendo

O Grupo Popular critica a “hipocrisía” socialista ao falar de transferencias logo de nove meses de desprezo a Galicia

Santiago, 13 de marzo de 2019.-  O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, criticou este mércores a “hipocrisía” dos socialistas ao propoñer un debate sobre a transferencia de competencias a Galicia logo de nove meses de desprezo á nosa autonomía desde o Goberno Central. Así, ilustrou a súa afirmación con algún dos “agravios” que perpetrou Pedro Sánchez coa Comunidade, con especial atención á proposta dun recorte do 26 por cento dos fondos asignados nos orzamentos xerais do Estado con respecto ao ano anterior.
Seguir leyendo

O Parlamento demanda ao Goberno do Estado cubrir as vacantes da unidade de Policía Nacional adscrita a Galicia

Santiago, 13 de marzo de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno do Estado que articule un concurso de méritos na Policía Nacional que permita cubrir vacantes na Unidade de Policía Adscrita (UPA) para incrementar canto menos ata 475 os seus efectivos, de xeito que esta Unidade poida cumprir coas funcións que actualmente está prestando.
Seguir leyendo