Santiago, 7 de febreiro de 2018.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, César Fernández Gil, afirmou hoxe no Parlamento que a Consellería de Educación “organiza a actividade dos centros educativos tendo en conta criterios pedagóxicos, demográficos, xeográficos e de xestión responsable de recursos”.
José González destaca que a Xunta leva investido case 680.000 euros na loita contra a avespa e o cancro do castiñeiro
Santiago, 7 de febreiro de 2018.- O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, José González, afirmou hoxe que “a Xunta leva investido case 680.000 euros na loita contra a avespa e o cancro do castiñeiro en Galicia. “Necesitamos que o sector agrario fortaleza a súa estrutura como mecanismo que lle permita loitar contra estes fenómenos climatolóxicos adversos, así como unha maior profesionalización para que as explotacións poidan ter unha rendibilidade que lles permita asegurar o seu futuro”, sinalou.
Moisés Blanco asegura que a Xunta só autorizará a mina de Touro se cumpre con todas as garantías urbanísticas, medioambientais e técnicas
Santiago, 6 de febreiro de 2018.- O deputado do Grupo Popular Moisés Blanco Paradelo pediu hoxe “tranquilidade” aos veciños de Touro e O Pino respecto do proxecto mineiro que afecta a estes concellos porque “o Goberno galego só o autorizará no caso de que cumpra con todas as garantías urbanísticas, medioambientais e técnicas requiridas, que son as propias dun estado comprometido co medio ambiente e o desenvolvemento sostible”.
O Grupo Popular lamenta que o BNG rexeitara un acordo para solicitar a Fomento unha auditoría sobre o servizo que presta a concesionaria da AP-9
Santiago, 6 de febreiro de 2018.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, criticou que o BNG rexeitara hoxe un acordo no Parlamento a través do que se solicita ao Ministerio de Fomento a realización dunha auditoría xeral sobre o servizo que presta a concesionaria da autoestrada AP-9 e as queixas das persoas usuarias.
O PPdeG critica que os socialistas racharan os acordos unánimes do Parlamento que asumían as reivindicacións dos funcionarios de Xustiza
Santiago, 6 de febreiro de 2018.- O portavoz de Xustiza do Grupo Popular, Jacobo Moreira, criticou que os socialistas galegos “racharan hoxe no Parlamento os acordos unánimes acadados sobre as reivindicacións dos funcionarios da Administración de Xustiza, que a Xunta xa está a cumprir en boa medida e sobre os que mantén abertas vías de diálogo cos representantes sindicais”.
Marta Rodríguez critica que os concellos gobernados por socialistas, en Marea e BNG lideren o ránking de municipios oficialmente pobres en servizos sociais
Santiago, 6 de febreiro de 2018.- A portavoz de Asuntos Sociais do Grupo Popular, Marta Rodríguez Arias, contrapuxo hoxe as políticas sociais da Xunta fronte aos concellos gobernados por socialistas, En Marea ou BNG. Deste xeito, salientou que, “mentres a Consellería de Política Social supera os 700 millóns de euros de orzamento, logo dun incremento de 293 millóns nos últimos cinco anos, os concellos de Santiago, Vigo e Pontevedra lideran o ránking de municipios oficialmente pobres en servizos sociais”.
O PPdeG critica que os socialistas pretendan crear por lei un fondo de financiamento local que xa existe desde hai 15 anos
Santiago, 6 de febreiro de 2018.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos Couñago criticou hoxe que o grupo socialista “trouxera hoxe ao Pleno do Parlamento unha proposición de lei para a creación dun fondo de participación dos concellos nos tributos autonómicos que xa existe desde hai 15 anos”.
O GPP asegura que a reforma da Lei de Saúde de Galicia achegará a asistencia aos hospitais comarcais e acusa á oposición de poñer en risco a existencia destes centros
Santiago, 6 de febreiro de 2018.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, asegurou no Parlamento que a reforma da Lei de saúde de Galicia, que hoxe iniciou a súa tramitación parlamentaria, “favorecerá o achegamento da asistencia aos hospitais comarcais” e acusou á oposición de “poñer en risco a supervivencia destes centros, diante da dificultade coñecida que hai a día de hoxe para cubrir prazas nos mesmos e a continua rotación e vacantes de profesionais que se producen”.
O Grupo Popular defenderá no pleno o mantemento da prisión permanente
Santiago, 5 de febreiro de 2018.- O Grupo Popular defenderá no Pleno desta semana o apoio á figura penal da prisión permanente revisable para “garantir que as persoas que cometen determinados delitos abominables non se reincorporen á sociedade ata que estean completamente rehabilitados”, sinalou o portavoz Pedro Puy. Así mesmo, sinalou que iniciarase a tramitación parlamentaria da reforma da Lei de saúde de Galicia, unha norma que busca “mellorar o sistema de organización mantendo o esforzo orzamentario para unha sanidade galega boa e pública”.
Tellado pídelle ás NN.XX que traballen “desde o inconformismo, a rebeldía e a vontade de construír”
Ourense, 3 de febreiro de 2018.- O secretario xeral do Partido Popular de Galicia, Miguel Tellado, participou este sábado na clausura da Escola de Formación organizada polas Novas Xeracións da cidade de Ourense. Alí, pediulle á organización xuvenil que traballe “desde o inconformismo, a rebeldía e a ilusión por construír un proxecto político que realmente vale a pena”; e á mocidade en xeral que se erixa en “motor de cambio” para recuperar valores sociais beneficiosos como a liberdade, o esforzo e a capacidade de superación das dificultades.