O PPdeG salienta que o Programa Galego de Atención ao Infarto de Miocardio “é dos de máis éxito da sanidade galega”

Santiago, 10 de xullo de 2018. O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, acusou esta tarde no Pleno do Parlamento ao Grupo Socialista de “deostar” o Programa Galego de Atención ao Infarto de Miocardo, cando “é dos de máis éxito da sanidade galega” e un exemplo a seguir para moitas comunidades autónomas. “Un programa loado por sociedades e profesionais da cardioloxía a nivel nacional e internacional”, engadiu.

Seguir leyendo

O PPdeG avoga porque Xunta e axentes forestais e medioambientais cheguen a un acordo en materia laboral

Santiago, 10 de xullo de 2018.- O deputado do Grupo Popular Jacobo Moreira avogou hoxe no Parlamento porque a Xunta continúe negociando coas organizacións sindicais un acordo en materia de condicións de traballo e funcións dos axentes forestais e medioambientais, así como a mellora organizativa e operativa das brigadas de defensa contra os incendios forestais para o período 2018-2020.

Seguir leyendo

O Grupo Popular salienta que o actual marco lexislativo xa aplica medidas axeitadas de inspección e control da publicidade sanitaria

Santiago, 10 de xullo de 2018.- A deputada do Grupo Popular Encarna Amigo salientou hoxe que “o actual marco lexislativo permite desenvolver e aplicar as axeitadas medidas de inspección e control sobre todas aquelas mensaxes de publicidade sanitaria que quebranten os principios de transparencia, exactitude e veracidade impostos pola normativa xeral e sectorial de aplicación”.

Seguir leyendo

O Parlamento galego volve aprobar a proposición de lei para que o Goberno central transfira a AP-9 á Xunta

Santiago, 10 de xullo de 2018.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento de Galicia a aprobación da proposición de lei, para remitir ao Congreso, para a transferencia da titularidade e competencias da AP-9 á Xunta. “Imos seguir mantendo a mesma postura: por un lado, demandando un mellor servizo nesta autoestrada e, por suposto, a petición de traspaso da súa titularidade”, asegurou o portavoz de Infraestruturas, Martín Fernández Prado.

Seguir leyendo

O PPdeG defende o bo funcionamento da Lei de medios públicos pola que xa se está elaborando o Estatuto Profesional da CRTVG

Santiago, 10 de xullo de 2018. A portavoz do Grupo Popular para asuntos relacionados coa Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG), Raquel Arias, defendeu hoxe no pleno do Parlamento a efectividade da Lei de medios públicos audiovisuais de Galicia aprobada no ano 2011 cos votos a favor dos grupos parlamentarios do PPdeG e do PSdeG e que se leva aplicando dende entón.

Seguir leyendo

Paula Prado afirma, respecto do cese da Valedora do Pobo, que “non imos tomar decisións firmes cando non hai unha sentenza firme”

Prado, afirmou hoxe no Parlamento, no debate sobre a solicitude de cese da Valedora do Pobo, que “nós non imos tomar decisións firmes cando non hai unha sentenza firme”. Neste sentido, acusou a En Marea de “dar un paso máis na súa carreira de destrución das institucións galegas, coa novidade de que o seu socio neste caso de demolición de institucións é o Partido Socialista”.

Seguir leyendo

O Grupo Popular manterá no Pleno a súa postura na defensa do traspaso da AP-9 e da chegada do AVE a Galicia

Santiago, 9 de xullo de 2018.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avanzou hoxe que o PPdeG manterá no Pleno desta semana “a postura que vimos defendendo desde hai anos respecto da transferencia a Galicia da AP-9 e da chegada do AVE a Galicia, así como que a Administración do Estado adopte as medidas legais recomendadas pola Comisión de Expertos para a incorporación do Pazo de Meirás ao dominio público”.

Seguir leyendo

O Parlamento demanda a elaboración de plans de innovación específicos sobre novos usos da madeira

Santiago, 6 de xullo de 2018.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a elaborar plans de innovación específicos, coa participación do sector, para o desenvolvemento de novos usos da madeira, novos materiais de base biolóxica e de aplicación do deseño que contribúan a mellorar a valorización dos produtos da industria forestal galega, coa participación dos axentes económicos e sociais dos sectores implicados.

Seguir leyendo

O Grupo Popular salienta que máis de 13.000 familias galegas xa se teñan beneficiado do tícket eléctrico

Santiago, 6 de xullo de 2018.- A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa, salientou hoxe que máis de 13.000 familias galegas se teñen beneficiado nos últimos catro anos do tícket eléctrico, “unha iniciativa ás que se suma desde o pasado ano a Lei de medidas de eficiencia e de garantía no acceso á enerxía eléctrica, que permitirá que ningunha familia con baixos recursos se lle poida cortar a electricidade e a Xunta aboará a metade da factura eléctrica, complementando o bono social”.

Seguir leyendo