O Parlamento insta ao Goberno galego a apoiar os centros de FP como impulsores da innovación no sector empresarial

Santiago, 26 de abril de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a iniciativa do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se insta ao Goberno galego a apoiar aos centros de formación profesional como verdadeiros impulsores da innovación no sector empresarial galego, aproveitando a súa implantación territorial como unha auténtica rede de innovación e relación co mundo produtivo.

Seguir leyendo

O PPdeG avoga polo traballo honesto,serio,rigoroso e responsable para atender as demandas do persoal fixo-descontinuo do Servizo contra incendios forestais

Santiago, 25 de abril de 2017.- O portavoz de Montes do Grupo Popular, José Silvestre Balseiros, avogou hoxe no Parlamento por traballar “de xeito honesto, serio, rigoroso e responsable” para avanzar cara a consecución das demandas dos 436 traballadores fixos descontinuos do Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais.

Seguir leyendo

Pazos Couñago:»Os socialistas varían a súa posición sobre as relacións do Estado coa Igrexa católica en función do espazo institucional que ocupe o partido»

Santiago, 25 de abril de 2017.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos criticou hoxe que “a posición dos socialistas no que fai referencia ás relacións Estado español-Igrexa católica varíe substancialmente en función do espazo institucional que ocupe o seu partido”. “Espero que vostedes comecen a amosar un pouco de coherencia e manteñan na oposición posturas similares ás que tiñan no goberno, posturas razoables e non disparatadas”, apuntou.

Seguir leyendo

Puy afirma que o Goberno traballa nunha reforma da Lei do Rexistro Civil que «non supoña a desaparición de oficinas en Galicia»

Santiago, 24 de abril de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, asegurou hoxe que, do mesmo xeito que acontece cos rexistros da propiedade, o Goberno central traballa nunha modificación da Lei 20/2011 do Rexistro Civil que “non supoña a supresión de ningún rexistro en Galicia, que se manteñan dentro do ámbito da Administración de Xustiza e sigan sendo públicos e gratuítos”.

Seguir leyendo

Pedro Puy asegura que «as cousas teñen mudado moito» na loita contar a corrupción

Santiago, 23 de abril de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, asegurou hoxe que na loita contra a corrupción “as cousas teñen mudado moito” e todas as situacións coñecidas nas últimas datas “demostran que a Xustiza está actuando sen ningún tipo de interferencia do poder político e tomando decisións que no pasado eran posiblemente moito máis difíciles de adoptar”.

Seguir leyendo

Tellado cre que hoxe comeza “a formación dun proxecto que debe ilusionar á cidade da Coruña”

Santiago, 21 de abril 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, ofreceu unha rolda de prensa este venres nas horas previas ao Congreso local da cidade da Coruña, e na que destacou que agarda desta cita que “saia un partido local máis unido, máis activo e, por tanto, máis forte, de cara ao duro traballo que hai por diante nos dous vindeiros anos”. Sobre isto, incidiu en que hoxe comeza a “formación dun proxecto que debe ilusionar á Coruña” e co obxectivo de desbancar a Xulio Ferreiro do “desgoberno da cidade”.
Seguir leyendo

O GPP salienta a forte proxección da castaña de Galicia a nivel nacional e internacional

Santiago, 20 de abril de 2017.- O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, José González, salientou hoxe a “forte proxección da castaña de Galicia a nivel nacional e internacional en canto á súa capacidade de crecemento”, polo que avogou polo “incremento do volume de plantación de castiñeiros como vía de desenvolvemento do rural galego, especialmente nas zonas de montaña do interior de Galicia”.

Seguir leyendo

Cristina Romero considera «surrealista» que en Marea traia ao Parlamento a praza de abastos da Ponte en Ourense cando os seus «correlixionarios no Concello levántanse do pleno cando se fala do asunto»

Santiago, 20 de abril de 2017.- A portavoz de Comercio do Grupo Popular, Cristina Romero, cualificou de “surrealista que o grupo de En Marea traia ao debate no Parlamento a apertura da praza de abastos da Ponte cando os seus correlixionarios no Concello de Ourense levántanse do Pleno municipal cando se fala deste mesmo asunto”.

Seguir leyendo