Feijóo valora positivamente a VI Conferencia de Presidentes e subliña que entre os acordos acadados figuran os de especial relevancia para Galicia

Alberto Núñez Feijóo valorou hoxe positivamente a celebración da VI Conferencia de Presidentes e subliñou que entre os acordos acadados figuran os de especial relevancia para Galicia. “Estamos a falar dun encontro positivo polos 12 acordos adoptados. E positivo porque entre eses acordos figuran os de especial relevancia para Galicia e, agora, as principais preocupacións da comunidade forman parte das principais preocupacións de España”, aseverou, precisando que Galicia puxo enriba da mesa unha peza separada na Sanidade para afrontar o financiamento das autonomías -“e foi aceptada”-, así como un pacto pola demografía no país, asunto que tamén foi aceptado e con data: 2017.

Seguir leyendo

O GRUPO POPULAR DEFENDE QUE A XUNTA LIMITE A DIFUSIÓN NOS COLEXIOS DE CALQUERA PUBLICACIÓN SEN CONTIDO PEDAGÓXICO

Santiago, 19 de xaneiro de 2017.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, César Fernández, defendeu hoxe no Parlamento que o Goberno galego limite o reparto e difusión nos centros educativos de Galicia, tanto públicos coma privados, de calquera publicación sen contido pedagóxico e, nomeadamente, aqueles que supoñan un cuestionamento das políticas de igualdade, liberdade, respecto e non discriminación.

Seguir leyendo

O Parlamento insta á Xunta a afondar na implantación da programación e robótica na educación primaria

Santiago, 19 de xaneiro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a afondar na implantación da Programación e a Robótica nos distintos niveis educativos, con especial incidencia na educación primaria. “Estamos apostando por unha liña de traballo para achegar a realidade tecnolóxica e dixital na que vive o alumnado ás aulas galegas, ao tempo que os nosos rapaces dispoñan das competencias e habilidades suficientes para desenvolverse no mundo tecnolóxico e dixital actual como cidadán responsable e activo”, sinalou o portavoz de Novas Tecnoloxías do Grupo Popular, Moisés Blanco.

Seguir leyendo

O Parlamento solicita que a Xunta implante sistema de plurilingüismo na educación infantil de 3 a 6 anos e incorpore o inglés nos ciclos da FP

Santiago, 19 de xaneiro de 2017.- O Parlamento galego aprobou hoxe, a iniciativa do Grupo Popular, solicitar á Xunta que afronte un proceso de potenciación da aprendizaxe de linguas estranxeiras nos distintos niveis educativos coa progresiva implantación do sistema de plurilingüismo na Educación Infantil de 3 a 6 anos e a incorporación do inglés nos ciclos de FP.

Seguir leyendo

O Parlamento solicita á Xunta estue modificación da parada de transporte escolar no lugar de Vilaño en Laracha

Santiago, 19 de xaneiro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, solicitar á Xunta de Galicia que estude a modificación da actual parada do transporte escolar existente na estrada DP-2404 ao seu paso polo lugar de Vilaño no concello de Laracha ata outro punto dentro da mesma calzada que garanta unha maior seguridade dos alumnos, vehículos e peóns.

Seguir leyendo

O Grupo Popular defende que o traballo do CGAI «está a permitir conservar e divulgar o patrimonio audiovisual galego»

Santiago, 19 de xaneiro de 2017.- O portavoz de Cultura do Grupo Popular, César Fernández, asegurou hoxe no Parlamento que “o traballo de apoio que se desenvolve desde o AGADIC e o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) está a permitir conservar e divulgar o patrimonio audiovisual galego”, polo que negou que exista “unha ameaza á conservación deste legado”.

Seguir leyendo

Os catro grupos do Parlamento galego rexistran unha nova proposición de lei solicitando a transferencia da AP-9

Santiago, 18 de xaneiro de 2017.- A totalidade dos deputados dos catro grupos parlamentarios do Parlamento galego rexistraron hoxe unha nova proposición de Lei a través da que se solicita a transferencia á Comunidade Autónoma de Galicia da titularidade e as competencias sobre o réxime xurídico da concesión, así como as funcións e servizos ata agora exercidos pola Administración xeral do Estado en relación coa AP-9.

Seguir leyendo

O Grupo Popular téndelle a man á oposición para acadar amplos consensos no impulso do I+D+I en Galicia

Santiago, 18 de xaneiro de 2017.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, tendeulle este mércores a man á oposición para que no Parlamento galego se consiga un amplo consenso en favor do impulso ao I+D+i  na Comunidade, co afán de continuar co proceso de modernización da economía galega levado a cabo durante os últimos anos. “Coincidimos en que a investigación é  estratéxica, por iso máis alá da discrepancia deberiamos mandar unha mensaxe de unidade ao sector”, apuntou.

Seguir leyendo