Os Peares, 16 de setembro de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe en Os Peares que durante a vindeira lexislatura “haberá impostos cero para os mozos, as familias numerosas e as persoas con discapacidade que adquiran unha vivenda habitual nun municipio de menos de 20.000 habitantes”.
Feijóo pide que a Comisión Europea teña máis en conta a demografía, “un dos maiores desafíos aos que se enfronta a nosa sociedade”, ao asignar os fondos europeos
Santiago, 16 de setembro de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu hoxe que a Comisión Europea teña máis en conta a demografía, “un dos maiores desafíos aos que se enfronta a nosa sociedade”, á hora de asignar e executar os fondos europeos.
Feijóo pide o voto para que Galicia siga mirando cara adiante e non quede bloqueada
Ribeira, 15 de setembro de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, solicitou hoxe o voto para que Galicia siga mirando cara adiante, continúe avanzando con normalidade e estabilidade, e non quede bloqueada. Neste sentido, cuestionouse se, “con todo o que é Galicia e con todo o que hai que facer, de verdade non teñen nada mellor que dicir e que propoñer os demais que a descualificación?”.
Feijóo propón un goberno resolutivo, que non cree problemas de bloqueos e divisións
Cambados, 14 de setembro de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, propuxo un goberno resolutivo que non cree problemas de bloqueos e divisións. “Este pobo non precisa de salvadores, senón de servidores que estean ao seu carón, que crean nel, que estean ao que teñen que estar e que se dediquen ao que teñen que facer, que é gobernar”, afirmou.
Feijóo anuncia que Galicia ampliará un ano máis a tarifa plana de 50 euros ao mes na Seguridade Social para os autónomos
A Coruña, 14 de setembro de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, participou hoxe nun acto sectorial na Coruña con autónomos, onde avanzou unha estratexia, contemplada no programa, que acompañe a estes traballadores nos vindeiros anos.
Feijóo afirma que “podo falar do que farei ao día seguinte das eleccións, mentres que a oposición repetiría en Galicia o bloqueo que vive España”
Narón, 13 de setembro de 2016.- O Presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou esta tarde en Narón que “podo falar do que farei ao día seguinte das eleccións, mentres que a oposición evita falar de pactos porque repetirían en Galicia o bloqueo que vive España”. “Eu podo garantir unha Galicia sen divisións, con pluralidade e na que todos se sintan libres para sentila, falala e vivila ao seu xeito, con independencia da súa ideoloxía e pensamento”, afirmou.
Feijóo presenta o programa Galicia 0-35 para “dar respostas útiles á xeración do Estatuto”
Vigo, 13 de setembro de 2016.- O Presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, presentou hoxe en Vigo o Programa Galicia 0-35, unha iniciativa que quere “dar respostas útiles á xeración do Estatuto”. Entre as medidas que inclúe este programa figuran chegar ao 40 por cento de ratio de cobertura das escolas infantís públicas, continuar coa tarxeta Benvida e ampliala ata os tres anos da vida do bebé en caso de risco de pobreza ou exclusión e o programa A miña primeira experiencia laboral, unha bolsa de emprego para os mozos que veñan de rematar unha carreira universitaria ou un ciclo de FP. Feijóo indicou que “ofrecemos a este país un pacto interxeracional, que respecte os valores que sempre nos uniron”, ao tempo que avogou porque “Galicia siga sendo con máis intensidade o mellor lugar para formar unha familia”.
Feijóo: “Non somos alleos ao mar porque somos o partido que máis se parece a Galicia, e Galicia é mar, logo nós somos mar tamén”
Santiago, 11 de setembro de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou hoxe que os populares “non somos alleos ao mar porque somos o partido que máis se parece a Galicia, e Galicia é mar: logo nós somos mar tamén”.
Feijóo presenta as propostas para as cidades dun proxecto que é un grande pacto entre os galegos do urbano, do rural e de todas as idades
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, presenta as propostas para as sete cidades galegas dun proxecto que é un grande pacto entre os galegos do urbano, do rural e de todas as idades.
Feijóo salienta as propostas que farán de Lugo un referente mundial na innovación aeronáutica, con novas infraestruturas e máis servizos sociais
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, presentou en Lugo as propostas do proxecto dos populares galegos, ao que cualificou como un grande pacto entre os galegos do urbano, do rural e de todas as idades.