Skip to content

O Grupo Popular critica que o BNG demande a reversión á xestión pública dos centros de atención á dependencia cando foron externalizados polo Goberno bipartito

16 de febreiro de 2023. A deputada do Grupo Popular Rosalía López criticou hoxe no Parlamento galego que o BNG “demande agora a reversión á xestión pública dos centros autonómicos de atención á dependencia con xestión externa, cando moitos deles foron externalizados polo Goberno bipartito de socialistas e nacionalistas”. Pero é que, ademais, na actualidade “o BNG segue a externalizar a xestión de moitos centros e servizos públicos alí onde goberna, ben nos concellos ou nas deputacións provinciais”.

Rosalía López lembrou que a Lei estatal de promoción da autonomía e atención ás persoas en situación de dependencia é a que determina como se prestan os servizos neste eido. Ao mesmo tempo, a Lei de servizos sociais de Galicia, tamén aprobada por socialistas e nacionalistas en 2008, sinala que estes servizos poden ser prestados tanto de xeito directo, indirecto, en réxime de concerto social ou a través de convenios con entidades sen ánimo de lucro.

 

MÁIS DO 70% DAS PRAZAS EN MANS PRIVADAS

 

“O balance do paso do BNG polo Goberno bipartido, á fronte da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, foi a promoción de catro centros de xestión pública directa, cun total de 240 prazas, e a externalización de outros cinco centros, con 607 prazas”, concretou a deputada popular, quen subliñou que “deste xeito máis do 70 por cento das prazas foron para mans privadas”.

 

“En definitiva, a gran maioría dos centros da Xunta de xestión externa xa estaban en funcionamento durante o Goberno bipartito, no que o BNG ostentaba as competencias xustamente en materia de política social”, manifestou.

 

Rosalía López apuntou que “o BNG segue na actualidade externalizando servizos sociais e residencias nos concellos e deputacións provinciais onde goberna”. Así, ningunha das 8 residencias das que é titular a Deputación de Lugo é de xestión 100% pública e en concellos como Ribadeo a xestión da residencia municipal tamén é privada.

 

“Cando o BNG está na oposición esíxelle ao Goberno galego unha xestión 100 por cento pública dos seus centros sociais, pero cando goberna privatiza o 100 por cento dos que fai”, concluíu.

 

A deputada popular afirmou que un servizo público “debe cumprir as condicións e os parámetros establecidos pola Consellería de Política Social, garantindo a calidade de atención aos traballadores e cumprindo cos rateos establecidos para que os usuarios teñan un servizo de calidade”.

 

ACUSACIÓNS SEN FUNDAMENTO

 

Respecto da situación do centro terapéutico ocupacional Souto de Leixa de Ferrol, Rosalía López lembrou que “nas inspeccións realizadas nos anos 2019, 2020, 2021 e 2022 o único que se puido constatar foron deficiencias no seu estado de conservación das instalacións, polo que este centro non ten tramitado expediente sancionador algún, nin consta proposta da inspección neste sentido”.

 

Neste sentido, manifestou que “moitas persoas que traballan neste centro están a pasalo realmente mal coas acusacións sen fundamento que o BNG están a verter sobre eles” e demandou ao BNG a “cesar caos calumnias e os infundios cos que desvirtúan e menosprezan o seu traballo”.

 

“O único certo é que este centro é moi antigo e, polo tanto, de moi difícil mantemento, a pesar de que se veñen facendo obras de acondicionamento que continuarán no futuro para a mellora das instalacións”, rematou.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos lamenta a “intolerable e chulesca” carta do ministro de Transportes ao Presidente da Xunta, “unha mostra máis da falta de cordialidade e lealdade do Goberno de España con Galicia”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, lamentou hoxe que a “intolerable e chulesca” carta remitida polo ministro de Transportes ao Presidente da Xunta sobre a construción do AVE entre
Os populares galegos celebran o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso: “Somos do PPdeG… pero, sobre todo, somos de Galicia”
O Partido Popular de Galicia conmemora hoxe o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso, con catro amplas vitorias nos últimos meses —municipais, xerais, autonómicas e europeas— e coa consecución
Alfonso Rueda avoga por unha Galicia traballadora, aberta, solidaria e que progrese sen perder nunca as súas raíces
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe, na véspera do Día de Galicia, o modelo que defende o seu partido para a nosa Comunidade, consistente en seguir facendo de
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies