Santiago, 22 de outubro de 2020.- A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, afirmou hoxe no Parlamento galego que a finalidade de concentrar no centro de saúde de Fingoi toda a actividade de medicina xeral e pediatría dos sábados pola mañá que ten lugar na cidade de Lugo “procura evitar a dispersión dos recursos para a atención ordinaria que ata o de agora estaba repartida nos distintos centros de saúde da cidade”.
Encarna Amigo indicou que “a concentración nun único punto físico de toda a actividade de medicina xeral e pediatría dos sábados pola mañá non supón unha redución de efectivos, senón que os usuarios serán atendidos cos mesmos recursos humanos, materiais e equipos sanitarios cos que contaban no seu centro de saúde de referencia”.
“O obxectivo desta medida é mellorar a calidade da atención sanitaria que se presta aos usuarios, ofrecéndolles os mesmos servizos e mellores recursos para a súa atención tanto de medicina primaria como de pediatría”, concretou.