Skip to content

O Grupo Popular salienta que o colectivo LGTBI goza dunha discriminación positiva para facilitar a súa inserción laboral

Santiago, 21 de decembro de 2021.- A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo salientou hoxe no Pleno do Parlamento galego “o claro impulso que o Goberno galego está a dar para incentivar a contratación das persoas LGTBI cos programas de empregabilidade, cunha clara discriminación positiva para facilitar a súa inserción laboral”.

“Imos defender e sempre imos estar ao carón dos que sofren esta situación, buscando o cambio e a sensibilización, e no peor dos casos o castigo, dos que provocan que a vida das persoas LGTBI sexa difícil no día a día”, apuntou.

 

Rodríguez-Vispo manifestou que a oposición “volve chegar tarde” coas súas demandas para o colectivo LGTBI “porque en Galicia xa levamos tempo traballando e se ten avanzado moito neste ámbito”. Así, lembrou que “a Comunidade galega foi pioneira na aprobación en 2014 da Lei pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais de Galicia”, a través da que se abordan áreas estratéxicas para a plena integración deste colectivo na comunicación, educación, saúde, familia, ocio, cultura, xuventude, xustiza e emprego.

 

Neste sentido, a deputada popular afirmou que o Goberno galego “está a promover diferentes medidas no tecido empresarial para mellorar a inserción do colectivo LGTBI, tanto no ámbito formativo como no que a incentivos á contratación se refire”. En concreto, referiuse á organización de xornadas de formación, para sensibilizar e crear conciencia nas organizacións sobre as situacións que as persoas LGTBI teñen que soportar a diario e as súas consecuencias na vida privada e interpersoal; ou a Guía para a prevención e o tratamento do acoso sexual e o acoso por razón de sexo nas pequenas e medianas empresas, traballada desde o diálogo social.

 

COMPROMETIDOS CONTRA A DISCRIMINACIÓN

 

“Tanto o Goberno galego como o Grupo Popular estamos comprometidos contra a discriminación de todo o colectivo LGTBI, existindo unha colaboración e interlocución constante con todo o tecido asociativo que agrupa a este sector”, asegurou Rodríguez-Vispo.

 

Para rematar, apuntou que “outras das medidas levadas a cabo para facilitar a vida destas persoas foi o desenvolvemento de incentivos á contratación”, a través do programa Galicia Emprega e o incremento dun 25 por cento da contía das axudas para a inclusión das persoas LGTBI nos programas de promoción do emprego autónomo, no programa a prol da economía social e nos centros especiais de emprego.

 

“Tamén é necesario poñer en valor o traballo desenvolvido polo Observatorio contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero, cuxo obxectivo é mellorar e buscar solucións para avanzar nunha sociedade diversa e integradora, para concienciar á cidadanía da necesidade de respectar e axudar a aqueles que sexan máis susceptibles de sufrir as consecuencias da parte da sociedade máis intransixente”, manifestou.

Noticias recomendadas

O PPdeG comprométese a dar a batalla en Europa pola cuestión eólica para “defender o presente e garantir o futuro de Galicia”
O Partido Popular de Galicia comprométese a dar a batalla en Europa no que se refire á tramitación ambiental de proxectos eólicos na nosa Comunidade e á súa adecuación ao
Paula Prado asegura que para acadar a igualdade “plena e real” é necesario que, como en Galicia, as mulleres conten con representantes que “defendan os seus intereses e coloquen na axenda política os seus dereitos”
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, defende que para acadar a igualdade “plena e real” na sociedade en xeral e nos ámbitos de decisión política en particular é necesario
El PP exige a Planas que deje de ningunear al sector pesquero y que rebaje cuanto antes el IVA a los productos pesqueros
El portavoz de Pesca del Grupo Parlamentario Popular en el Senado, Manuel Ruiz, exige al ministro de Agricultura, Pesca y Alimentación. Luis Planas, que deje de ningunear al sector pesquero
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies