Skip to content

O Parlamento esixe ao Goberno central que tome medidas urxentes para que a burocracia do Estado “deixe de ser unha barreira para o retorno”

Santiago, 29 de xaneiro de 2020. O Parlamento aprobou hoxe no Pleno unha iniciativa do Grupo Popular a través da que se esixe ao Goberno de España “que elimine con urxencia as barreiras burocráticas que entorpecen, e mesmo bloquean, o retorno dos galegos e españois do exterior” e para que os trámites que teñen que realizar sexan “máis fáciles, máis áxiles e máis flexibles”, tal e como expuxo a deputada Raquel Arias na súa intervención.

 

A voceira de Emigración do Grupo Popular explicou que os retornados “viven un auténtico pesadelo burocrático” á hora de conseguir documentos “vitais para o desenvolvemento da súa vida laboral e persoal en Galicia” e que “condicionan a súa integración”.  

 

PARELLAS MIXTAS

 

A deputada popular detallou as diferentes problemáticas que afrontan os galegos da diáspora no seu regreso a Galicia, coma no caso da homologación de títulos universitarios. “Estas xestións chegan a prolongarse máis de dous anos, mentres a Xunta resolve a homologación de títulos non universitarios, que si é da súa competencia, en menos de tres meses”, dixo. Dous anos de espera nos que “os retornados perden oportunidades de traballar en base á súa cualificación e Galicia perde talento”.

 

Arias explicou tamén as dificultades das familias mixtas para obter permisos de residencia e traballo. “É moi habitual que no núcleo familiar do retornado a parella ou os fillos teñan nacionalidade estranxeira”, explica, “pero esas xestións eternízanse e en demasiados casos os permisos son denegados, deixando ás familias nunha situación de inseguridade e entorpecendo o mantemento da unidade familiar”. “Propoñemos unha autorización residencial temporal para familiares de españois con nacionalidade estranxeira que lles permita establecerse primeiro e consolidar a posteriori un permiso definitivo”, manifestou a deputada.

 

Do mesmo xeito, Arias defendeu a relevancia de “garantir o troco do permiso de conducir dos retornados, unha materia pendente en países como México o EEUU”, ao tempo que expresou a necesidade de suprimir as taxas para a expedición de documentos básicos, como o pasaporte en países baixo unha crise social e económica, como Cuba ou Venezuela, “con custos tan elevados que moitos galegos non poden asumir, bloqueando a súa saída e o retorno”.
    
RETORNA 2020

Raquel Arias considerou contraditorio que a Xunta teña en marcha a Estratexia Retorna 2020, cun orzamento de 235 millóns de euros para favorecer o regreso dos galegos á súa terra con diversos mecanismos e axudas directas, mentres o Goberno de Sánchez “non move nin un dedo para solucionar esta problemática que afecta especialmente a Galicia, a comunidade que máis retornados recibe de toda España“.

 

Neste contexto, Arias fixo referencia ao Plan de Retorno que o Goberno central aprobou o pasado mes de marzo e que, case un ano despois, “conseguiu só o regreso de 19 españois do exterior”. Neste sentido, confrontou este dato cos 20.000 retornados que chegaron a Galicia nos últimos catro anos e lembrou que só no 2019 o Goberno galego concedeu axudas económicas directas a máis de 1.000 familias a través do Retorna 2020.

 

Unhas achegas que supuxeron un investimento de máis de 3 millóns de euros entre as bolsas para estudar un máster en Galicia atraendo o talento do exterior; axudas para afrontar os gastos derivados do retorno; ou apoio económico para emprender un negocio. “A Xunta é a única administración que vela polos retornados galegos”, asegurou a deputada popular.

 

Arias lembrou as liñas de axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria para o fomento do emprego e que priorizan aos galegos que regresan a Galicia; as axudas de Educación para cursar estudos universitarios; ou os beneficios para as familias de retornados, que poden percibir a Tarxeta Benvida en igualdade de condicións. De feito, a Consellería de Política Social ten realizado melloras na convocatoria para facilitar o acceso destas axudas aos galegos que inician o camiño de volta a Galicia.

 

DATOS DE RETORNO

 

Arias valorou moi positivamente as cifras de retorno da última década, período no que chegaron á comunidade case 42.000 galegos do exterior, 20.000 só na última lexislatura. “Se o pasado foi o século da emigración, este estase convertendo no do retorno”, asegurou.

 

Noticias recomendadas

O Grupo Popular pide ao Consello de Contas que realice unha auditoría operativa aos concellos que non cumpran coa obriga de render as súas contas
O Grupo Popular vén de solicitar ao Consello de Contas que incorpore no seu plan de traballo para 2025 a realización dunha auditoría operativa aos concellos que non cumpriron coa
O PPdeG comprométese a “seguir defendendo Galicia ante quen nos considera menos”, como o Goberno central
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, reafirmou hoxe o compromiso do seu partido coa defensa de Galicia “ante quen nos considera menos” contrapoñendo a un Goberno autonómico que “atende
Millán Mon e Adrián Vázquez aspiran a “converter as prioridades galegas en prioridades europeas” e “impoñer o sentidiño” no novo Parlamento Europeo
Os eurodeputados galegos Francisco Millán Mon e Adrián Vázquez aspiran a que nesta nova lexislatura que se iniciou hoxe no Parlamento Europeo “as prioridades galegas se convertan en prioridades europeas”
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies