Skip to content

O PPdeG traslada á oposición unha proposta de declaración institucional de apoio á Constitución e ás actuacións do Estado para recuperar a normalidade en Cataluña

Santiago, 6 de novembro de 2017.- O portavoz do  Grupo Popular, Pedro Puy, trasladou esta mañá aos tres grupos da oposición unha proposta de declaración institucional, co obxectivo de que sexa aprobada e lida durante o Pleno que se celebra esta semana na que, basicamente, se apoia a vixencia da Constitución e as actuacións que os poderes do Estado están a facer para recuperar a normalidade institucional e constitucional na comunidade autónoma de Cataluña.

 

O texto íntegro da proposta de declaración institucional é o seguinte:

PROPOSTA DE DECLARACIÓN INSTITUCIONAL EN DEFENSA DA CONSTITUCIÓN, OS ESTATUTOS DE AUTONOMÍA E OS DEREITOS DOS PARLAMENTARIOS EN CATALUÑA

Diante dos graves feitos acontecidos na Comunidade Autónoma de Cataluña, desde que no Pleno do seu Parlamento dos pasados días 6, 7 e 8 de setembro, se produciran vulneracións flagrantes dos dereitos individuais de todos os deputados e deputadas da oposición parlamentaria pese ás advertencias de ilegalidade dos servizos xurídicos da Cámara e do Consello de Garantías Estatutarias de Cataluña; se violaran as normas regulamentarias do Parlamento de Cataluña e do Estatuto de Autonomía de Cataluña, en particular os artigos que esixen unha maioría cualificada para a súa reforma; e tamén se infrinxira o previsto na Constitución e no chamado “bloque de constitucionalidade”, desobedecendo (como recordaron os servizos xurídicos do Parlamento de Cataluña) os mandatos do Tribunal Constitucional; todo isto acompañado de declaracións explícitas de desacato e desobediencia ao propio Tribunal Constitucional; e dado que todo isto se fixo coa finalidade de proceder á declaración unilateral de independencia, finalmente sometida a votación no Pleno do Parlamento de Cataluña do pasado venres 27 de outubro; o Parlamento de Galicia DECLARA:

–    O seu firme e inequívoco compromiso coa defensa da Constitución de 1978 e o sistema democrático e descentralizado que a nosa Norma Suprema garante, do que emanan os vixentes Estatutos de Autonomía para Cataluña,  para Galicia e para as demais Comunidades Autónomas.

 

–    O seu firme e inequívoco apoio e respaldo ás actuacións que tanto as institucións autonómicas catalás (Servizos Xurídicos do Parlamento de Cataluña, Consell de Garantías Estatutarias), como o Goberno de España, o Tribunal Constitucional, e o Poder Xudicial realizan coa finalidade de preservar o mantemento da orde constitucional en Cataluña e no resto de España.

 

–    Particularmente, o seu firme e inequívoco apoio aos poderes executivo e lexislativo de España, que diante da grave e desleal actuación dos dirixentes cataláns protagonistas de comportamentos irresponsables conducentes á flagrante vulneración da nosa orde constitucional democrática, decidiron aplicar o artigo 155 da Constitución Española co fin de restablecer a orde constitucional e o Estado de Dereito na Comunidade Autónoma de Cataluña; e ao poder xudicial, que desde a súa independencia está a actuar, como non podería ser doutra maneira, para garantir o cumprimento da lexislación vixente.

 

–    A súa solidariedade e apoio a todos os servidores e servidoras públicos, e a todos os cidadáns, particularmente en Cataluña, que están a actuar dentro da legalidade constitucional coa finalidade de preservala, de manter a paz social, e de impedir que culmine con éxito o intento de vulneración da orde constitucional democrática que lexitima o autogoberno das nacionalidades e rexións de España.

 

–    A súa plena confianza en que a sociedade catalá, e a española no seu conxunto, saberán dar resposta democrática, dialogada e pacífica, e rexeitará os intentos dunha minoría de violar a Constitución democrática que todos os españois, cataláns e galegos incluídos, votamos libre e moi maioritariamente no ano de 1978.

Noticias recomendadas

O PPdeG lamenta a decisión do Goberno de subir o IVE aos produtos básicos: “Sánchez está máis preocupado pola súa propia supervivencia que pola das familias”
O Partido Popular de Galicia amosa o seu rexeitamento á decisión do Goberno central de subir o IVE aos produtos básicos, argumentando que con esta decisión se constata que “a
O Grupo Popular pide ao Goberno de España que presente unha nova Lei que regule o exercicio das profesións do deporte
O deputado do Grupo Popular Pablo Prieto demandou hoxe no Parlamento de Galicia que o Goberno central cumpra co recollido na Lei do Deporte Español e presente nas Cortes Xerais
O Parlamento de Galicia demanda que a Xunta continúe apoiando aos concellos na prestación dos servizos de Protección Civil
O Parlamento galego aprobou hoxe, sen o apoio do BNG, a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita que a Xunta continúe apoiando aos
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies