Skip to content

Prado avanza que o PPdeG instará a reverter a desconexión provocada polo novo mapa concesional de liñas de autobús estatais, que illa a máis de 136.000 galegos

Os populares presentarán unha Proposición non de Lei no Parlamento e mocións nos diferentes concellos

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, avanzou que os populares instarán ao Goberno central e ao PSdeG a reverter o agravio que supón para a Galicia rural o novo mapa concesional das liñas de autobús estatais, un “auténtico despropósito” que deixa a máis de 136.000 galegos sen parada de autobús. Para que a “desconexión” de Pedro Sánchez non sexa unha realidade, o partido presentará unha Proposición non de Lei no Parlamento e mocións nos diferentes concellos.

 

Tras manter unha xuntanza con representantes políticos nalgúns dos municipios afectados por esta decisión -en total son 23 os prexudicados- á que asistiron o alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, a tenente de alcalde de Lalín, Paz Asorey, e os portavoces do PP en Arzúa, Melide, Silleda e Allariz, Rafael Rivadulla, Dalia Couso, Ignacio Maril e Luz Doporto; Prado lamentou que a actitude de Sánchez afonde no abandono do rural, eliminando paradas, suprimindo tráficos internos dentro da Comunidade e promovendo transbordos nas viaxes de longa distancia.

 

Ante o novo mapa de transporte estatal, a secretaria xeral preguntouse se o Goberno “ao que se lle enche a boca falando da España despoboada”, critica a pouca poboación ou a baixa demanda: “Non será que son Sánchez e os seus ministros os que están despoboando España?”. Como indicou, as decisións do Executivo parecen querer illar a nosa Comunidade pois, a menos de medio ano da chegada do AVE a Ourense, o resto de cidades aínda agardan pola alta velocidade, seguimos á espera dos anunciados trens Avril “e esta semana volvemos constatar que que o PSOE e Pedro Sánchez seguen desconectados dos galegos”.

 

Ademais, ao mapa concesional súmase á Lei de Mobilidade que impulsa o Executivo central e que supón suprimir os trens rexionais galegos. “O Goberno prima a planificación urbana e metropolitana, e a rendibilidade económica da mobilidade, condenando ao rural a unha perda radical de servizos e de conectividade en transporte público”, engadiu.

 

Segundo admitiu, resulta curioso que nunha cuestión que se basea en conectar a vida das persoas e que canto máis precisamos a vertebración territorial, o Goberno de Sánchez opte por desconectar a Galicia, por poñer a marcha atrás e que borre do mapa 23 paradas claves para os galegos.

 

A XUNTA EXERCE AS SÚAS COMPETENCIAS

Fronte a iso, Prado resaltou que a Xunta si é consciente da realidade da nosa Autonomía, onde xa completou a renovación e modernización do transporte, recordando que en 2020 puxo en marcha 127 concesións do Plan de Transporte Público en Galicia, o que permitiu mellorar o autobús interurbano en todos os seus ámbitos.

 

A día de hoxe, o número de liñas incrementouse das 927 ás 2.492 actuais, case o cuádruplo; chegamos xa a 54.419 paradas, cerca do triplo;  e a cifra anual de servizos duplicouse ata 2,4 millóns. Igualmente, continúan avanzando os beneficios como a extensión da gratuidade do transporte público de titularidade da Xunta aos menores de 21 anos nas súas viaxes por todo o territorio.

 

“Queda claro que cando Galicia exerce as súas competencias, neste caso co transporte público, esas competencias funcionan mellor”, dixo afeando que un Estado desvirtuado como o que está creando o Goberno de España desmerece todas as súas funcións.

 

GALICIA DEBE XESTIONAR A SÚA COSTA

Durante a súa intervención, a secretaria xeral tamén se referiu ao rexeitamento do Goberno central para ceder as competencias na xestión das costas galegas: “A nosa demanda de que Galicia asuma de forma integral a xestión sobre o seu litoral é totalmente lexítima e pretende completar o traspaso de competencias iniciado en materia de costas no ano 1985. Fronte a non continuado desde Madrid, esta vez coa escusa da necesidade da modificación do Estatuto, nós dicimos si, e facémolo con respaldo xurídico”.

 

Sobre isto, apuntou que a Lei de Costas estatal sinala que, nesta materia, as Comunidades exercerán as competencias atribuídas polos seus estatutos. Así, mentres Andalucía e Cataluña xa teñen transferida por parte do Estado a función de xestión do dominio público, Galicia aínda non, malia que se pode realizar o traspaso da función de outorgar as concesións no litoral por Real Decreto, sen necesidade de reformar o Estatuto.

 

“Que sentido ten xestionar a costa galega desde un despacho de Madrid? Non é certo que é a Administración galega a que coñece máis de preto os intereses do seu litoral e das súas empresas?”, manifestou recoñecendo que seguirán reclamando o traspaso das competencias pendentes e así llelo trasladará o presidente Rueda aos portavoces da oposición o vindeiro luns.

 

“Agardamos, ao igual que noutras cuestións, unha postura de país. Débese acabar co non por resposta por parte do PSdeG e do BNG”, subliñou ao tempo que aseguraba que os populares non queren 313 agravios, nin no transporte público, nin na xestión do litoral, nin en ningunha cuestión de relevancia para a nosa Comunidade: “Queremos cumprir cos nosos 313 obxectivos e facelo cun proxecto común”.

Noticias recomendadas

O Grupo Popular asegura que calquera persoa ten dereito a escoller ante os órganos xudiciais a lingua na que se realizar os procedementos e intervencións
O deputado do Grupo Popular Roberto Rodríguez asegurou hoxe no Parlamento galego que “calquera persoa ten dereito a escoller ante os órganos xudiciais de calquera xurisdición a lingua na que
O Grupo Popular salienta a profesionalidade e compromiso co cumprimento da lei da Fiscalía de Galicia fronte ao desprestixio que vive a Fiscalía Xeral do Estado pola súa situación xudicial
A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, salientou hoxe no Parlamento de Galicia “a profesionalidade e o compromiso co cumprimento da lei de todos os compoñen o sistema xudicial na
Serrano a Puente: “Trabaje primero por los valencianos, pero aclare si Lugo y Ferrol tendrán AVE”
El senador del Grupo Parlamentario Popular por Lugo, Juan Carlos Serrano, exige al ministro de Transportes y Movilidad Sostenible, Óscar Puente, que aclare de una vez por todas si Lugo
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies