Skip to content

O Parlamento insta á xunta a desenvolver material didáctico vinculado á cultura galega e ao Camiño de Santiago

Santiago, 4 de maio de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancias do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se solicita á Xunta que desenvolva material didáctico vinculado á cultura galega e, de xeito especial, ao Camiño de Santiago, para que sexa útil na aprendizaxe do galego fóra da Comunidade galega.



A deputada popular María Antón explicou que esta iniciativa ten como obxectivo que “a Xunta desenvolva unidades didácticas para aprendizaxe de galego por estranxeiros con aqueles elementos que son perfectamente identificables con Galicia, tanto da nosa cultura como da gastronomía ou do noso acervo histórico, social e festivo”.

MENCIÓN ESPECIAL AO CAMIÑO DE SANTIAGO

Neste sentido, apuntou que o Camiño de Santiago “merece unha mención especial, non só porque nestes momentos é o símbolo máis referencial de Galicia no mundo enteiro, senón tamén porque entorno ao Camiño pode desenvolverse o relato de Galicia cun amplo abano de ámbitos e posibilidades”.

“O Camiño é un elemento atractivo que hoxe en día ten un gran tirón social e cultural, e aglutina en torno a si a moita xente desexosa de vivir a experiencia de percorrelo, polo que pode ser ese gancho no que enraizar na cultura galega e na lingua galega”, salientou a deputada popular.

POSICIONAR AO GALEGO

María Antón lembrou que a Xunta “leva percorrido un intenso camiño na procura de posicionar a nosa lingua e a nosa cultura alén da Comunidade galega e particularmente no estranxeiro, contando hoxe en día con diversos canles de actuación para perseverar neste obxectivo”.

A modo de exemplo, citou a rede de centros de estudos galegos, a rede de institutos Cervantes ou o Instituto Vicente Cañada Blanch de Londres, “aos que deberíamos engadir os centros de ensinanza de Castela e León nos que se imparte a materia de galego, así como as Universidades doutras Comunidades Autónomas que forman parte da rede de centros de estudos galegos”.

“Esta iniciativa vai encamiñada a xerar máis recursos e renovar estes repositorios co fin de que, por unha banda, os nosos colaboradores teñan materiais suficientes para que lles sexa máis doado impartir ensinanzas de lingua e cultura galegas, e por outra banda, que aqueles que desexen achegarse ao aprendizaxe de galego atopen maiores facilidades”, explicou.

Noticias recomendadas

O Grupo Popular pedirá no Pleno que o Goberno central publique de inmediato a normativa básica para os novos currículos da formación profesional
O Grupo Popular demandará no Pleno da vindeira semana que o Goberno central publique de inmediato a normativa derivada da Lei orgánica de ordenación e integración da formación profesional, de
O PPdeG aposta por afondar a nivel europeo na loita contra a violencia de xénero, a fenda salarial e a trata
O Partido Popular de Galicia márcase como obxectivo de cara ás vindeiras eleccións europeas impulsar a nivel comunitario medidas que afonden en cuestións como a loita contra a violencia de
O PPdeG reivindica o modelo de convivencia lingüística “con sentidiño, harmonía e liberdade” de Galicia fronte ao “sectarismo e a polarización”
O Partido Popular de Galicia reivindicou hoxe nun acto con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas o modelo de “normalidade e convivencia lingüística” da nosa Comunidade, defendendo o
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Cookies settings
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Cookies settings