Skip to content

O PPdeG pide a todas as administracións a mesma implicación coa hostalería e co turismo que ten a Xunta

Tellado contrapón a resposta sensata do Goberno galego coa do BNG, que pide o peche de toda a actividade económica, e coa inacción total do PSdeG 

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, demandou a implicación de todas as administracións no apoio á hostelería e o turismo xa que é unha responsabilidade compartida que debe ter unha resposta semellante á da Xunta: “Empezando polo Goberno do Estado, que pode contribuír coa rebaixa do IVE turístico e evitando a subida de impostos que reducirá á demanda; e tamén as deputacións provinciais e os concellos, rebaixando os tributos e taxas locais como o IBI e facilitando os trámites”.

 

Como destacou, o Goberno galego vén de tomar unha serie de decisións moi necesarias pero tamén moi difíciles xa que son a única forma eficaz de minimizar os riscos desta pandemia e de protexer a saúde das persoas. “Estas medidas constitúen unha resposta sensata, fronte a dous extremos: os que piden o peche de toda a actividade económica en Galicia e o confinamento, como o BNG; e os que apostan pola inacción e esperar a ver que pasa, como é o caso do Goberno socialista e do PSdeG”, explicou.

 

O número dous dos populares contrapuxo a actitude destes partidos coa da  Xunta, que xa anunciou un plan de apoio á hostalería sen precedentes con achegas directas de ata 7000 euros e que se une ao plan de rescate aos autónomos, ás axudas directas ao turismo e ao conxunto de accións enmarcadas no Plan de Reactivación do Goberno galego. “Un importante despregue de medidas que buscan manter o emprego e protexer o tecido empresarial na nosa Comunidade pero que non serán suficientes sen o apoio doutras administracións”, insistiu.

 

LEI EDUCATIVA PARTIDISTA E IDEOLÓXICA

Por outra banda, cuestionou que o Goberno de PSOE e de Podemos aproveite esta situación que estamos a vivir para “colarnos pola porta de atrás” unha reforma tan importante como a da Lei Educativa. “A Lei Celaá é un autentico despropósito porque é profundamente partidista e ideolóxica, restrinxe o dereito a decidir das familias, quere facer da lingua unha causa de conflito e pretenden aprobala sen chegar a ningún tipo de acordo”, subliñou.

 

Nese senso, incidiu en que se trata dunha normativa que ataca ao ensino concertado, impón a distribución do alumnado desde a Administración, vai en contra do modelo de inclusión e introduce a políticos nos Consellos Escolares.  Ademais, criticou que traten de impoñer esta lei sen acadar un mínimo acordo co conxunto da comunidade educativa enterrando definitivamente o Pacto de Estado pola Educación.

 

“Invito a Ministra Celaá a fixarse no modelo educativo galego, que produce uns excelentes resultados, moi por encima da media nacional, como acaba de demostrar o ultimo informe Pisa; que aproveita a enorme riqueza de ter dúas linguas; e que respecta a liberdade das familias e a autonomía dos centros educativos”, apuntou o secretario xeral.

 

UNS ORZAMENTOS QUE SON UN AGRAVIO

Por último, Tellado celebrou que o Bloque Nacionalista Galego se una ao PPdeG nas críticas aos PXE, pois nun primeiro momento aplaudíronos en base ao premio de consolación da AP-9 obviando que eran os peores orzamentos dos últimos 15 anos -non só esquecen outras autovías como A-53 senón que reducen o investimento nun 11% e abandonan todas as grandes infraestruturas galegas-.

 

“Agora queda por ver se o BNG será consecuente e vota en contra dos Presupostos Xerais do Estado, que son un agravio para todos os galegos, ou se someten, unha vez máis, aos seus socios de Madrid”, sentenciou.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos lamenta a “intolerable e chulesca” carta do ministro de Transportes ao Presidente da Xunta, “unha mostra máis da falta de cordialidade e lealdade do Goberno de España con Galicia”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, lamentou hoxe que a “intolerable e chulesca” carta remitida polo ministro de Transportes ao Presidente da Xunta sobre a construción do AVE entre
Os populares galegos celebran o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso: “Somos do PPdeG… pero, sobre todo, somos de Galicia”
O Partido Popular de Galicia conmemora hoxe o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso, con catro amplas vitorias nos últimos meses —municipais, xerais, autonómicas e europeas— e coa consecución
Alfonso Rueda avoga por unha Galicia traballadora, aberta, solidaria e que progrese sen perder nunca as súas raíces
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe, na véspera do Día de Galicia, o modelo que defende o seu partido para a nosa Comunidade, consistente en seguir facendo de
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies