O Parlamento solicita a extensión a todos os centros de saúde de Galicia do protocolo de xestión integral da demanda en equipo

Santiago, 5 de abril de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, sen o apoio do BNG, a través da que se solicita á Xunta que estenda a todos os centros de atención primaria de Galicia, ao longo do presente ano 2022, o protocolo de xestión integral da demanda en equipo (XIDE) no que se dirixen as consultas de xeito directo ao profesional máis axeitado á necesidade do paciente, garantindo así a súa atención en tempos de resposta determinados segundo sexa a necesidade da consulta inmediata, no día ou ordinaria.

Continue reading

O Grupo Popular critica que o PSdeG “esixa en Galicia unha modificación da ratio de persoal nas residencias, mentres o Goberno central pide unha ratio común para toda España”

Santiago, 4 de abril de 2022.- O portavoz de Asuntos Sociais do Grupo Popular, Alberto Pazos, criticou hoxe no Pleno do Parlamento galego que os socialistas “esixan en Galicia unha modificación da ratio de persoal nas residencias de maiores, mentres o seu Goberno en Madrid nos pide que negociemos unha ratio común para toda España”.

Continue reading

O PPdeG pide no Parlamento galego que o Goberno de España dote a Vigo dunha rede de moi alta tensión que atenda as necesidades de Stellantis

Santiago, 4 de abril de 2022.- A deputada do Grupo Popular Teresa Egerique demandou hoxe no Pleno do Parlamento galego que o Goberno de España inclúa na planificación da Rede Eléctrica de España para 2021-2026 a conexión de Vigo á rede de moi alta tensión, así como a construción dunha nova subestación no polígono de Balaídos para atender as necesidades de subministro de Stellantis e o resto da industria da automoción.

Continue reading

O PP apoia a demanda das familias dos falecidos no Villa de Pitanxo para que Goberno de España realice unha operación que localice o pecio do buque

Santiago, 2 de abril de 2022.- O voceira de Pesca e Marisqueo no Parlamento de Galicia, Teresa Egerique; o voceiro de Agricultura, Pesca e Alimentación no Congreso dos Deputados; Joaquín García Díez; a voceira de Agricultura, Pesca e Alimentación no Senado, Amaya Landín; e a coordinadora de Mar do Partido Popular de Galicia, Yovana Oroza, manifestaron o seu apoio “sen matices nin partidismos” ás mocións e as proposicións non de lei promovidas polas familias dos falecidos no afundimento do Villa de Pitanxo nas entidades locais e nas respectivas Cámaras de representación. Os voceiros populares subliñaron o seu apoio en canto a que son iniciativas cunha alta carga de humanidade que demandan a empatía das institucións coa defensa do seu dereito a coñecer a verdade.

Continue reading

O Grupo Popular demanda criterios comúns na normativa local en materia de uso de tarxetas para persoas con mobilidade reducida

Santiago, 1 de abril de 2022.- O Grupo Popular vén de rexistrar unha proposición non de lei a través da que solicita criterios comúns na normativa local en materia de uso de tarxetas para persoas con mobilidade reducida, así como unha maior certeza e seguridade xurídica para as persoas usuarias de dita acreditación en materia de gratuidade do estacionamento nas zonas da ORA, estacionamento nas zonas de carga ou descarga por tempo limitado, e permisos para poder circular en zonas peonís ou en zonas de plataforma única, así como en todo o relativo á axeitada construción e sinalización tanto horizontal como vertical das prazas de aparcamento PMR.

Continue reading

O Grupo Popular pedirá no Pleno ao Goberno de España que cumpra coas medidas comprometidas na Conferencia de Presidentes

Santiago, 29 de marzo de 2022.- O Grupo Popular solicitará no Pleno da vindeira semana que o Goberno de España faga efectivo o compromiso asumido na última Conferencia de Presidentes e poña en marcha medidas dirixidas a paliar as consecuencias da invasión de Ucraína como unha baixada dos impostos que gravan a electricidade e os combustibles, medidas efectivas para os sectores máis afectados, rectificar a política enerxética; ou descartar implantación de peaxes nas autovías.

Continue reading

Pedro Puy contrapón a “axilidade e rapidez” das medidas adoptadas pola Xunta fronte á crise coa lentitude do Goberno central

Santiago, 28 de marzo de 2022.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, contrapuxo hoxe a “axilidade e rapidez” das medidas adoptadas pola Xunta para contrarrestar a crise provocada pola invasión de Ucraína por parte de Rusia, fronte á lentitude das cuestións que dependen do Goberno de España, pola necesidade de consensuar entre as partes que integran o Executivo e porque algúns factores de intervención directa nalgún mercado poden ser contraproducentes.

Continue reading

O PPdeG critica que BNG e PSdeG tentaran hoxe no Parlamento botar baixo a solicitude para que a Confederación Hidrográfica repoña o acueduto do Pontillón entre Tui e Salvaterra

Santiago, 25 de marzo de 2022.- O deputado do Grupo Popular Moisés Rodríguez Pérez criticou hoxe no Parlamento galego que BNG e PSdeG “buscaran hoxe botar abaixo a proposición non de lei aprobada hai 14 días na Comisión 4ª a través da que se insta á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil á reposición do acueduto do Pontillón sobre o río Caselas, na parroquia de Caldelas no concello de Tui de interese patrimonial”.

Continue reading