Reivindica la estabilidad como el mejor socio de la buena gestión y como herramienta para hacer frente al actual contexto político, social y económico
O PPdeG asegura que o HADO do Hospital da Mariña atende a todos os pacientes e sen criterio xeográfico
Santiago, 3 de febreiro de 2022.- A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, asegurou hoxe no Parlamento galego que “non hai ningún paciente desatendido polo servizo de hospitalización a domicilio do Hospital da Mariña, nin tampouco criterio xeográfico algún para non atender aos pacientes dun ou doutro concello”.
O Parlamento galego demanda a elaboración dunha nova Estratexia Galega de Acción Voluntaria
Santiago, 3 de febreiro de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, sen o voto favorable de BNG e PSdeG, a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a iniciar a elaboración da nova Estratexia Galega de Acción Voluntaria, co obxectivo de coñecer a súa situación actual para definir as liñas estratéxicas e os obxectivos operativos, coa base da experiencia dos propios voluntarios. “Estamos orgullosos da Galicia que facemos entre todos, pero estamos especialmente orgullosos daqueles que constrúen esa Galicia con espírito altruísta, entregando o mellor de si sen esperar máis premio que a propia satisfacción persoal”, manifestou o portavoz popular de Asuntos Sociais, Alberto Pazos.
O PPdeG incide no compromiso da Xunta coa atención sanitaria en Pantón mantendo o terceiro médico e a construción do novo centro de saúde
Santiago, 3 de febreiro de 2022.- A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, incidiu hoxe no Parlamento galego no compromiso da Xunta de Galicia coa sanidade no concello lucense de Pantón, “que se manifesta co cumprimento da reposición do terceiro médico sen amortizar a praza e coa construción dun novo centro de saúde”.
O PPdeG afirma que o conflito no Servizo de Otorrinolaringoloxía do CHUS resolverase cando Inspección Sanitaria se pronuncie sobre a apertura dun posible expediente
Santiago, 3 de febreiro de 2022.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento galego a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a abordar o conflito existente no Servizo de Otorrinolaringoloxía do Hospital de Santiago, atendendo ás demandas feitas polo persoal facultativo deste servizo. A deputada popular Marta Rodríguez-Vispo lembrou que a Xunta “mantivo o diálogo desde o primeiro momento con todos os profesionais deste servizo para identificar os problemas e acadar solucións”, pero explicou que esta cuestión “non se resolverá mentres o Servizo de Inspección Sanitaria non se pronuncie respecto á apertura ou non dun expediente”.
O Parlamento galego insiste na demanda ao Ministerio de Interior de máis efectivos para a Unidade de Policía Adscrita a Galicia
Santiago, 2 de febreiro de 2022.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insiste ao Ministerio do Interior para que, a través da Dirección General da Policía, se articule un concurso de méritos na Policía Nacional que permita cubrir vacantes na Unidade de Policía Adscrita a Galicia para incrementar a 500 os seus efectivos, de xeito que esta unidade poida cumprir coas funcións que actualmente está prestando.
Feijóo reclámalle ao Goberno unha proposta completa sobre financiamento e unha negociación real coas Comunidades
Di que a nosa Autonomía abordou esta reforma desde a lealdade, o espírito construtivo e o consenso, sendo firme na defensa dos intereses dos galegos
O Grupo Popular afirma que o novo xulgado de Vigo depende de que o Ministerio inicie a creación de novas unidades xudiciais
Santiago, 2 de febreiro de 2022.- O deputado do Grupo Popular José Antonio Armada explicou hoxe no Parlamento galego que a creación dun novo xulgado de primeira instancia en Vigo “dependerá de que o Ministerio de Xustiza inicie a tramitación do proxecto de creación de novas unidades xudiciais e, posteriormente, de que a Comisión Mixta entre o Tribunal Superior e a Xunta considere que existen as condicións obxectivas de necesidade prioritaria para a súa creación”.
O Parlamento solicita ao Goberno central que adecúe a xestión das cotas pesqueiras para evitar paralizacións de especies cando non sexan rendibles
Santiago, 1 de febreiro de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España que adecúa e afine os modelos de xestión das cotas para evitar que existan paralizacións provisionais de especies fundamentais cando non sexan rendibles economicamente segundo os datos de consumo e que prexudican gravemente a frota galega.
O Parlamento insta á Xunta a adiantar as compensacións aos mariscadores da ría do Burgo, pero coa garantía da súa transferencia polo Goberno central
Santiago, 1 de febreiro de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, logo dunha transacción acordada entre o Grupo Popular e o BNG, a través da que se insta á Xunta a adiantar os cartos das compensacións económicas por inactividade obrigada aos mariscadores da ría do Burgo durante o tempo que duren as obras de dragaxe e rexeneración previa garantía de transferencia, mediante a sinatura dun convenio ao inicio das obras, dos fondos pertinentes polo Goberno central para esta finalidade, o que permitirá activar garantías de protección a estes traballadores e evitarlles un compromiso de endebedamento engadido innecesario.