O candidato á Presidencia do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou a política social dos populares galegos e comprometeu máis apoio ás familias. Así o indicou na Xunta Directiva provincial do PP de Ourense, na que presentou o proxecto político da súa candidatura ao 17º Congreso autonómico, un conclave que estará baseado nas propostas e nas ideas.
Tellado: “O PSOE e Vox non queren traspasar a AP-9 a Galicia e o BNG pretende que os galegos paguen por ela”
Di que os socialistas van do “ganchete” co partido de Abascal para evitar que a Comunidade sexa dona da autoestrada 42 anos despois da súa inauguración
Puy demanda que no último trámite no Congreso se recoñeza o Dereito Civil de Galicia e non se considere fraude os pactos sucesorios galegos
Santiago, 21 de xuño de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, manifestou hoxe no Parlamento galego que as emendas presentadas polo PSOE ao proxecto de Lei antifraude “veñen darnos a razón sobre que esta norma vulnera o Dereito Civil e a autonomía financeira de Galicia”, pero considerou insuficiente que se acoute a cinco anos a consideración de fraude para quen venda un bens procedentes dun pacto sucesorio e demandou que “no último trámite no Congreso se acepten definitivamente as emendas do Grupo Popular e non se considere fraude cando un galego exerce os seus dereitos cumprindo a lei vixente”.
Mantemento na campaña de 2021 das axudas excepcionais ao financiamento operativo das adegas de elaboración de viño
Iniciativa sobre o mantemento polo Goberno galego, na campaña de 2021, das axudas excepcionais ao financiamento operativo das adegas de elaboración de viño
Ana Peón, Luis de la Matta, Higinio Meijide e Alfonso Cabaleiro, candidatos do Grupo Popular ao Consello de Administración da CRTVG
Santiago, 18 de xuño de 2021.- Ana Isabel Peón Piñeiro, Luis de la Matta Cantó, Higinio Meijide Gómez e Alfonso Cabaleiro Durán son os candidatos que o Grupo Popular propón para o Consello de Administración da Corporación de Radio e Televisión de Galicia.
O Parlamento demanda ao Goberno central o arranxo integral e urxente das súas estradas, especialmente da A-55 ao seu paso por Mos e Porriño
Santiago, 18 de xuño de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se require ao Goberno central o arranxo integral e urxente das estradas da súa competencia en Galicia, e concretamente da autovía A-55 ao seu paso por Mos e Porriño, incluíndo os carrís de incorporación e as vías de servicio paralelas.
O Parlamento demanda ao Goberno central a mellora integral e urxente da N-634 entre Abadín e Mondoñedo
Santiago, 18 de xuño de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se require ao Goberno central que acometa a mellora integral e urxente da estrada N-634, no treito entre o Alto de A Xesta en Abadín e Mondoñedo, que serve como itinerario alternativo á autovía do Cantábrico cando se producen peches de circulación polos intensos bancos de névoa.
O PPdeG usará todos os recursos á súa disposición para que o Goberno non recade metendo man nas herdanzas dos galegos
Tellado di que o proxecto de Lei contra a fraude fiscal é tamén un ataque directo ao Estatuto de Autonomía e ao Dereito Civil de Galicia
O Grupo Popular afirma que a Xunta realizará unha mellora integral do firma na estrada LU-653 entre Pobra de Brollón e Hospital do Incio
Santiago, 18 de xuño de 2021.- O deputado do Grupo Popular José Manuel Balseiro afirmou hoxe no Parlamento galego que a Xunta ten previsto realizar unha mellora integral do firme na estrada LU-653 entre A Pobra de Brollón e o Hospital do Incio, que se engadirá ás obras de rexeneración puntual que neste momento xa está a realizar nesta estrada por un importe de 125.000 euros.
O Grupo Popular salienta que 34 concellos xa asinaron coa Xunta o convenio para dispoñer de caixeiro automático e servizos financeiros
Santiago, 18 de xuño de 2021.- A deputada do Grupo Popular Sandra Vázquez salientou hoxe o traballo da Xunta para evitar a exclusión financeira e promover que toda a poboación galega, con independencia do seu lugar de residencia, teña acceso aos servizos financeiros.