Santiago, 24 de xuño de 2021.- O Parlamento galego aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, unha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno central o traspaso das competencias en materia de saúde penitenciaria á Xunta para a súa asunción polo Servizo Galego de Saúde, acompañada dos medios humanos, económicos e materiais necesarios, atendendo á suficiencia dinámica para a prestación do correspondente servizo, así como da compensación da débeda contraída polo Ministerio de Interior co Sergas.
O Parlamento galego demanda manter nesta campaña 2021 as axudas excepcionais ao financiamento operativo das adegas de viño
Santiago, 24 de xuño de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta de Galicia para que manteña nesta campaña 2021 as axudas excepcionais ao financiamento operativo das adegas de elaboración de viño. Así mesmo, a deputada popular Raquel Arias avanzou que “solicitaremos á Xunta que regule mecanismos de apoio aos viticultores afectados por fenómenos climatolóxicos adversos”.
O PPdeG demanda ao Concello de Vilalba que faga algunha xestión ou presente unha solicitude para a construción do centro de día
Santiago, 24 de xuño de 2021.- O portavoz de Asuntos Sociais do Grupo Popular, Alberto Pazos, demandou hoxe no Parlamento galego que o Concello de Vilalba “faga algunha xestión e presente unha solicitude á Xunta para a construción dunha casa do maior, unha obra que conta co apoio do grupo municipal do PP”.
Encarna Amigo confirma que o Servizo de Radioloxía do Hospital da Mariña mantén a actividade ordinaria e a atención continuada
Santiago, 24 de xuño de 2021.- A voceira de Sanidade do Grupo Popular de Galicia confirmou hoxe no Parlamento galego que o Servizo de Radioloxía do Hospital da Mariña mantén a actividade ordinaria e a atención continuada, de tal xeito que os doentes desta comarca nunca tiveron que desprazarse a ningún outro hospital para a realización de probas de diagnose. “A única excepción que se pode dar son as mulleres do plan de cribado do cancro de mama que, despois de facer a mamografía na Mariña e sempre por indicación dos propios sanitarios, precisan unha terceira proba específica e dirixida que debe realizarse especificamente no Hospital de Lugo”, apuntou.
O PPdeG defende a conciliación real e aposta pola ampliación da gratuidade das Escolas Infantís de 0 a 3 anos para todos os nenos
O relatorio centrado nos servizos públicos recolle o compromiso dos populares galegos de reformar o modelo actual de residencias
O Parlamento galego pide ao Goberno central que desista de implantar parques eólicos en Galicia fóra das áreas autorizadas e da Rede Natura
Santiago, 23 de xuño de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, sen o apoio do Grupo Socialista, a través da que se solicita ao Goberno central que desista de tramitar a autorización dos proxectos eólicos da súa competencia que supoñan a implantación fóra das áreas definidas polo Plan Sectorial Eólico de Galicia.
O PPdeG insiste que “a nosa prioridade é manter a actividade na factoría de XEAL en Cee-Dumbría para garantir os postos de traballo”
Santiago, 23 de xuño de 2021.- O deputado do Grupo Popular Rubén Lorenzo insistiu hoxe no Parlamento galego que “a nosa prioridade é que o presente e o futuro das instalacións de XEAL de Cee-Dumbría pasen polo mantemento da actividade, a mellor maneira de garantir os postos de traballo”.
O Parlamento galego demanda ao Goberno central que respecte os pactos sucesorios en vida de Galicia e non os considere como fraude
Santiago, 23 de xuño de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, sen o apoio do Grupo Socialista, a través da que se demanda ao Goberno central que respecte a autonomía fiscal e o Dereito Civil de Galicia suprimindo o artigo do proxecto de Lei antifraude que se está a tramitar nas Cortes Xerais que considera como comportamento fraudulento os pactos sucesorios en vida galegos.
O PPdeG creará unha Comisión permanente de Igualdade que aporte visión de xénero a todas as políticas do partido
Terá representación no Comité de Dirección para garantir que todas as decisións adoptas velen pola non discriminación entre homes e mulleres
O Grupo Popular demanda o mantemento do mesmo número de profesores e pide ao Goberno central que achegue os recursos específicos
Santiago, 23 de xuño de 2021.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, Ovidio Rodeiro, avogou hoxe no Pleno do Parlamento galego porque a Xunta manteña para o vindeiro curso escolar, cando menos, o mesmo número de docentes que no actual curso, sempre que se manteñan as mesmas medidas hixiénico-sanitarias para afrontar a pandemia da Covid-19 e o Goberno central faga efectiva a achega de recursos específicos como Fondo Covid educativo para a contratación deste persoal docente.