O Parlamento aproba que a nova PAC manteña como mínimo para os sectores de vacún de leite, de carne e ovino-caprino unha dotación similar ao período 2014-2020

Santiago, 3 de setembro de 2021- A comisión de Agricultura, Gandería e Montes do Parlamento de Galicia aprobou na súa sesión de hoxe por unanimidade de todos os grupos políticos unha iniciativa do Grupo Popular encamiñada a que a Xunta de Galicia se dirixa ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e defenda unha postura de Galicia antes as negociacións da PAC 2023-2027 que manteña como mínimo para os sectores de vacún de leite, de vacún de carne e ovino-caprino unha dotación similar ao período 2014-2020, incluíndo ademais o castaño nas axudas asociadas para froitos de cáscara.

Continue reading

Pedro Puy: “Galicia está aguantando mellor a situación inédita que estamos a vivir o que está permitindo saír mellor que outras comunidades no eido sanitario, económico e social”

Santiago, 30 de agosto de 2021- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, destacou hoxe en rolda de prensa o balance satisfactorio da apertura do curso político do PPdeG e do PP onte na carballeira de San Xusto, en Cerdedo-Cotobade, onde se constatou que Galicia, en relación a situación única que estamos a vivir, está aguantando ben, o que está permitindo saír no eido sanitario, económico e social mellor que o resto das comunidades autónomas.

Continue reading