O Grupo Popular salienta o “gran servizo aos galegos” prestado polo modelo galego de atención a maiores e dependentes, pero considera que “debe ser reformado e potenciado”

Santiago, 9 de febreiro de 2021.- O portavoz de Asuntos Sociais do Grupo Popular, Alberto Pazos, afirmou hoxe no Pleno do Parlamento que o modelo galego de atención integral a maiores e dependentes “prestou un gran servizo aos galegos, pero necesita ser reformado, potenciando o moito que funciona ben e corrixindo as eivas que agromaron no contexto dunha alerta sanitaria mundial”.

Continue reading

O Parlamento galego aproba a primeira Lei de museos e centros museísticos de Galicia

Santiago, 9 de febreiro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a primeira Lei de museos e outros centros museísticos de Galicia, “unha norma novidosa no ámbito autonómico e pioneira no eido do respecto pola pluralidade, o acceso á cultura e a integración da perspectiva de xénero e emprego das TIC, que pretende outorgar todo o protagonismo que merecen a estes centros tendo en conta a súa cuádrupla dimensión: social, investigadora, pedagóxica e económica”, manifestou o portavoz de Patrimonio Cultural do Grupo Popular, José Luís Ferro.

Continue reading

O Parlamento galego aproba a lei de residuos e solos contaminados, que avanza cara un modelo baseado na economía circular

Santiago, 9 de febreiro de 2021.- “Galicia culmina coa nova Lei de residuos e solos contaminados un novo marco legal completamente adaptado á normativa comunitaria e que avanza cara un cambio de modelo baseado na economía circular e que está chamado a ser o único modelo de futuro posible”, afirmou a deputada popular Marta Nóvoa no debate de aprobación deste texto lexislativo celebrado hoxe no Pleno do Parlamento galego.

Continue reading

O PPdeG pedirá no Pleno que o Goberno central suprima a modificación da Lei de Costas incluída no proxecto de lei de cambio climático

Santiago, 8 de febreiro de 2021.- O Grupo Popular demandará no Pleno desta semana que o Goberno central suprima a modificación da Lei de costas, incluída no proxecto de Lei de cambio climático e transición enerxética que se está a tramitar nas Cortes, porque afecta directamente ao complexo mar-industria de Galicia e suporá unha perda importante de traballo para este sector.

Continue reading

O PPdeG demanda ao Goberno central que permita a integración do profesorado técnico de FP no corpo de docentes do ensino secundario

Santiago, 6 de febreiro de 2021.- O Grupo Popular vén de rexistrar unha proposición non de lei no Parlamento galego a través da que solicita ao Goberno central que corrixa o erro cometido na nova lei de educación (LOMLOE) respecto do profesorado técnico de formación profesional e permita a este colectivo ter posibilidades de integración no corpo de profesores de ensino secundario.

Continue reading

Tellado: “O BNG pasou de ser aliado dos nacionalistas de PNV e CiU con Beiras a selo dos independentistas de ERC e Bildu con Pontón”

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que os comicios cataláns están deixando boa mostra de cal é o posicionamento real dos partidos. Así, mentres para o PPC a nosa Comunidade é o exemplo de convivencia a seguir; para o BNG a folla de ruta é o modelo de enfrontamento lingüístico, político e social instalado en Cataluña: “Nos tempos de Xosé Manuel Beiras os seus socios eran os nacionalistas de PNV e CIU e, hoxe, os de Ana Pontón son os independentistas de Bildu e ERC, cos que non só comparten proxecto político, senón tamén un escano no Parlamento Europeo”.

Continue reading