O Parlamento galego demanda ao Ministerio de Pesca estudos exhaustivos sobre a adopción de medidas de protección de cetáceos

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se pide ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación que se fagan estudos máis exhaustivos sobre a necesidade de adopción de medidas de protección dos cetáceos, así como a adopción de medidas desde un punto de vista de proporcionalidade para os posibles danos que cada arte de pesca pode orixinar na interactuación con estas especies.

Continue reading

O Grupo Popular apoia no Parlamento que o Goberno central convoque urxentemente a Mesa de Traballo para a transición enerxética de As Pontes

Santiago, 1 de outubro de 2020.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación no Parlamento galego dunha proposición non de lei a través da que se solicita ao Goberno de España a convocatoria urxente da Mesa de traballo para a transición enerxética xusta para As Pontes, así como a constitución dunha mesa específica para tratar a problemática do persoal da industria auxiliar de Endesa, co obxecto de concretar o número de traballadores afectados e a súa garantía de emprego.

Continue reading

O Parlamento galego demanda ao Goberno central a execución dos fondos FEDER para dotar de internet de 100 Mbps a toda Galicia

Santiago, 1 de outubro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno central que garanta e axilice a execución dos fondos FEDER para acadar o obxectivo de cobertura mínima de acceso a internet de 100 Mbps para o 100 por cento da cidadanía galega. “Cómpre urxir a posta en marcha das convocatorias pendentes polo Estado, xa que terán un papel chave en acadar que as redes de alta velocidade cheguen á totalidade da administración, das empresas galegas e da cidadanía”, sinalou a deputada popular Noelia Pérez.

Continue reading

O Grupo Popular critica que o PSdeG intente “rachar o consenso acadado no Pleno para facilitar a conciliación durante a pandemia sanitaria”

Santiago, 30 de setembro de 2020.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos criticou hoxe no Parlamento que os socialistas galegos intentaran hoxe na Comisión 5ª “rachar o consenso acadado no último Pleno respecto da solicitude de medidas para facilitar a conciliación das nais e pais durante a pandemia sanitaria, co único obxectivo de defender aos seus compañeiros no Goberno de Pedro Sánchez e libralos de cumprir os compromisos solicitados en materia laboral”. “Se o Goberno central non cumpre coas familias, a Xunta de Galicia estará ao seu carón”, asegurou.

Continue reading

O Grupo Popular lembra que o HULA conta desde 2016 cun equipo de ictus

Santiago, 30 de setembro de 2020.- A deputada do Grupo Popular Encarna Amigo lembrou hoxe no Parlamento que o Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo conta desde o ano 2016 cun equipo de ictus, integrado por un grupo de profesionais que traballa de forma conxunta e coordinada para asegurar a mellor atención ao paciente en todo momento.

Continue reading

O Grupo Popular critica que o BNG “queira interferir desde o Parlamento na tramitación ordinaria de expedientes administrativos”

Santiago, 30 de setembro de 2020.- O deputado do Grupo Popular Martín Fernández Prado criticou hoxe que o BNG queira interferir desde o Parlamento na tramitación ordinaria dos expedientes administrativos e de querer anular por decreto-lei as cousas que ideoloxicamente non lles gusta. Neste sentido, asegurou que “todos os proxectos que se desenvolven en Galicia compren con todas as garantías urbanísticas, ambientais e técnicas que establece a legalidade vixente” e, a modo de exemplo, sinalou que o proxecto mineiro Alberta I nas provincias de Ourense e Pontevedra “non se aprobará se existen elementos que o fagan incompatible”.

Continue reading