O PPdeG salienta que a nova lei de farmacia dota ao sector dunha regulación actualizada e atende as demandas de profesionais e usuarios

.

Santiago, 25 de xuño de 2019.- A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo salientou que a nova lei de ordenación farmacéutica de Galicia, aprobada esta mañá no Pleno do Parlamento, “servirá para dotar ao sector dunha nova regulación máis acorde cos tempos que estamos a vivir e que  poida afrontar e dar solución, dunha forma máis eficaz, ás demandas actuais e ás necesidades tanto dos profesionais farmacéuticos como dos usuarios”.

Continue reading

O Grupo Popular salienta que a Xunta é a única administración que conta cunha estratexia para eliminar os treitos de concentración de accidentes

Santiago, 25 de xuño de 2019.- A deputada do Grupo Popular Julia Rodríguez Barreira salientou hoxe no Pleno do Parlamento que a Xunta de Galicia “é a única administración que conta cunha estratexia para eliminar os treitos de concentración de accidentes e actuar en todos os puntos negros existentes na rede viaria da súa titularidade”. Neste sentido, criticou que o BNG “presente unha moción variopinta con medidas de seguridade viaria, facendo caso omiso ás numerosas actuacións que está levando a cabo o Goberno galego”.

Continue reading

O PPdeG asegura que o Sergas terá camas habilitadas neste verán para atender todas as necesidades hospitalarias

Santiago, 25 de xuño de 2019.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez, asegurou hoxe no Pleno que “a planificación para o verán do Sergas inclúe ter habilitadas o número suficiente de camas en previsión das necesidades dos anos anteriores, cun suplemento dunha porcentaxe das mesmas para cubrir calquera eventualidade e tamén coa posibilidade de facelas operativas se circunstancias excepcionais así o fixeran preciso”.

Continue reading

O proxecto de lei de patrimonio natural avanza a súa tramitación parlamentaria ao superar a emenda á totalidade presentada por En Marea

 

Santiago, 25 de xuño de 2019.- O proxecto de Lei de patrimonio natural de Galicia continuará a súa tramitación parlamentaria, logo de que no día de hoxe superara a emenda á totalidade presentada polo grupo En Marea. O portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Gonzalo Trenor, sinalou que esta emenda á totalidade “parece máis froito dun posicionamento prefixado e dunha forma de entender a política como unha confrontación continua que dun análise do texto, das posibles alternativas e de buscar o mellor para Galicia”, e avogou porque na tramitación parlamentaria “haxa predisposición para o acordo e sacar adiante esta norma co máximo consenso”.

Continue reading

O Pleno aprobará mañá a nova lei de ordenación farmacéutica e debate a totalidade do proxecto de lei de patrimonio natural de Galicia

Santiago, 24 de xuño de 2019.- O Pleno do Parlamento de Galicia debaterá mañá para a súa aprobación o proxecto de lei de ordenación farmacéutica de Galicia, así como a totalidade do proxecto de lei de patrimonio natural. A sesión inclúe, ademais, a toma de posesión da nova deputada do Grupo Popular, Jackeline Fernández Macías, e, previamente nun Pleno específico, designarase aos senadores en representación da Comunidade galega.

Continue reading

Tellado asegura que espectáculos como o de En Marea contribúen ao descrédito da política

21, xuño, 2019. O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, referiuse á ruptura confirmada no día de onte do Grupo das Mareas de Podemos que, como admitiu, “a ningún nos pillou de sorpresa e viña xestándose case desde o día despois das Eleccións Autonómicas”. “Estes espectáculos contribúen ao descrédito da política, e a min gustaríame que Galicia se mantivese á marxe da inestabilidade que estes partidos poden xerar nas institucións”, engadiu.

Continue reading

O PPdeG afirma que a Xunta “ofrece aos concellos ferramentas efectivas para adaptar a xestión de residuos ás esixencias estatais e europeas”

Santiago, 20 de xuño de 2019.- O portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Gonzalo Trenor, afirmou hoxe que “a Xunta está a ofrecer aos concellos ferramentas efectivas para que poidan alcanzar un modelo de xestión dos seus residuos adaptado ás esixencias europeas e estatais, pero respectando sempre a competencia municipal nesta materia”.

Continue reading

O Parlamento demanda que Fomento execute o enlace do parque empresarial de Vimianzo coa autovía da Costa da Morte

Santiago, 20 de xuño de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta para que, tan pronto teña aprobado definitivamente o proxecto de prolongación da autovía da Costa da Morte, remita ao Ministerio de Fomento o estudo técnico que se ten realizado sobre a viabilidade da execución dunha nova conexión desde esta vía de altas prestacións ata o parque empresarial de Vimianzo. Así mesmo, demándase ao Goberno central a execución desta nova conexión co polígono de Vimianzo, como é o seu deber e responsabilidade ao tratarse dun parque empresarial dependente de Suelo Empresarial del Atlántico, unha sociedade participada na súa maioría polo Ministerio de Fomento.

Continue reading