O Grupo Popular reitera o seu apoio aos traballadores de Poligal e valora a mesa de diálogo que lidera a Xunta

Santiago, 21 de marzo de 2019.- O Grupo Popular volveu insistir este xoves na Comisión 6ª do Parlamento galego en que está ao lado dos traballadores e traballadoras da empresa Poligal de Narón. Neste sentido, o viceportavoz Miguel Tellado valorou positivamente a creación por parte da Xunta de Galicia dun grupo de traballo co Comité de Empresa e os sindicatos para avaliar a situación actual, tanto desde o punto de vista laboral como empresarial; e lembrou que a Xunta púxose á súa disposición, como autoridade laboral, para velar polo cumprimento dos seus dereitos conforme á legalidade vixente.
Continue reading

O Grupo Popular asegura que o Plan Hidrolóxico impide novas centrais hidroeléctricas nos ríos galegos

Santiago, 21 de marzo de 2019.- A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa, asegurou hoxe que “o Plan Hidrolóxico vixente establece que non poderán ser autorizados novos elementos transversais nos ríos, o que leva consigo que toda solicitude que supoña implantación dun novo obstáculo nos ríos debe ser denegada, permitíndose unicamente a repotenciación das centrais hidroeléctricas existentes”.
Continue reading

O PPdeG considera de “máxima prioridade” que o estaleiro Vulcano peche un acordo coas empresas auxiliares para rematar o ferri

Santiago, 21 de marzo de 2019.- A deputada do Grupo Popular Teresa Egerique considerou hoxe no Parlamento de “máxima prioridade” que o estaleiro Vulcano peche un acordo coas empresas auxiliares que lle permita rematar a construción do ferri. “O compromiso do Goberno galego co naval é total, defendendo este sector estratéxico para Galicia tanto na época máis complicada, cando o tax lease, como agora que se atopa nunha etapa de crecemento, coa segunda maior carteira de pedidos de toda Europa”, afirmou.
Continue reading

O Grupo Popular asegura que a Xunta iniciará o proceso para construír o novo centro de saúde de O Grove en canto o Concello ceda unha parcela

Santiago, 20 de marzo de 2019.- O portavoz de Sanidade do  Grupo Popular, Aurelio Núñez, asegurou hoxe que “cando o Concello de O Grove poña a disposición da Xunta unha parcela para a construción do novo centro de saúde neste concello, a Consellería comezará con todos os estudos e actuacións pertinentes para levar adiante esta centro sanitario, destinando os orzamentos correspondentes”.
Continue reading

O Grupo Popular demanda ao Concello de Cangas a cesión da parcela para a construción do centro integral de saúde

Santiago, 20 de marzo de 2019.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, demandou hoxe no Parlamento ao Concello de Cangas que “que poña a disposición da Consellería de Sanidade os terreos previstos cos compromisos que figuran no convenio para avanzar na construción do centro integral de saúde, que incrementará e mellorará os servizos que se prestan a cerca de 45.000 persoas”.
Continue reading

O PPdeG reiterará no Pleno a demanda ao Goberno central para que fixe un marco enerxético estable e competitivo para o sector electrointensivo

Santiago, 20 de marzo de 2019.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana unha proposición non de lei a través da que se reitera ao  Goberno do  Estado a demanda para o establecemento dun marco enerxético estable e un prezo eléctrico competitivo para o sector electrointensivo, dada a situación de urxencia que está a atravesar a industria electrointensiva galega, en especial empresas como Alcoa ou Ferroatlántica. Ademais, na mesma sesión plenaria solicitará á Xunta que manteña o apoio aos profesionais que traballan no campo a tempo parcial, impulsando medidas para fomentar e protexer a súa actividade.
Continue reading

O GPP demanda ao Goberno do Estado que deixe gastar a Galicia o superávit de 125 millóns de euros de 2018 e lle transfira os 170 millóns polo cumprimento das regras fiscais

Santiago, 18 de marzo de 2019.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, informou hoxe da presentación dunha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno do Estado “que deixe gastar en investimentos sostibles o superávit de 125 millóns de euros que tivo Galicia en 2018, ao tempo que proceda a facer a transferencia á Comunidade galega dos 170 millóns que lle debe a Galicia da compensación polo cumprimento de todas as regras fiscais nos exercicios de 2017 e 2018”.
Continue reading

O PPdeG critica que “o descoñecemento leve aos responsables do BNG a dicir disparates sobre as plantacións de eucalipto”

Santiago, 15 de marzo de 2019.- O portavoz do Medio Rural, Moisés Blanco, criticou hoxe que “o descoñecemento dos representantes do BNG respecto da política forestal do Goberno galego lévaos a dicir disparates como que a Xunta remitiu datos falsos á Comisión Europea respecto das plantacións de eucalipto”. “Non se pode confundir a planificación contemplada no Plan Forestal de Galicia, actualmente en plena elaboración, co Programa de Desenvolvemento Rural (PDR), que é o que realmente supervisan as autoridades europeas”, sinalou.