O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, destacou que Ferrol é unha prioridade para o PPdeG, de aí que José Manuel Rey, “un membro importante do Goberno de Galicia”, sexa o candidato á Alcaldía: “Poñemos a disposición de Ferrol un equipo que funciona como equipo, un líder que lidera e un político que serve con política útil”.
Tellado: “O Debate de política xeral contraporá un Goberno con balance e propostas cunha oposición prisioneira das súas liortas internas”
5, outubro, 2018. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, reflexionou sobre a situación na que chega Galicia ao Debate do Estado da Autonomía que se celebrará a vindeira semana, contrapoñendo dúas “realidades innegables”: a existencia dun Goberno consolidado e respaldado cunha maioría parlamentaria excepcional, que comparece ante Cámara cun balance do feito e cunha batería de propostas sobre o que queda por facer; e unha oposición dividida “incapaz de artellar sequera un discurso que resulte remotamente coherente entre as tres e prisioneira dos seus conflitos internos”.
Daniel Vega pide a dimisión do presidente da Mancomunidade da Mariña logo de renunciar a unha axuda da Xunta de 38.000 euros
Santiago, 4 de outubro de 2018.- O deputado do Grupo Popular Daniel Vega solicitou hoxe no Parlamento a dimisión do presidente da Mancomunidade de concellos de A Mariña luguesa, Alfredo Llano García, logo de que esta entidade renunciara a unha axuda de 38.000 euros para sinalización turística desta comarca, “que eles mesmos a solicitaran e que a Xunta a concedera”. “Este presidente utiliza a Mancomunidade como arma política para atacar á Xunta, e non para traballar e defender os intereses dos veciños da Mariña”, apuntou.
O PPdeG lembra que a Lei do Consello de Contas xa recolle a posibilidade de denunciar confidencialmente os casos de corrupción
Continue reading
Tellado: “Galicia pode cumprir o obxectivo de crear 80.000 empregos nesta lexislatura”
2, outubro, 2018. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que “Galicia pode cumprir o obxectivo de crear, como mínimo, 80.000 empregos nesta lexislatura”.
Puy avanza que “afrontamos o debate sobre a autonomía coa man tendida á oposición para aprobar novas propostas que sexan boas para os galegos”
Continue reading
El eurodiputado Francisco Millán Mon participa en la World Trails Conference en Santiago de Compostela
El eurodiputado popular Francisco Millán Mon participó en la séptima edición de la World Trails Conference, celebrada en Santiago de Compostela y organizada por la Xunta de Galicia y la World Trails Network.
Feijóo di que Beatriz Mato fará posible “A Coruña imparable” que piden os coruñeses
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, dixo esta tarde que Beatriz Mato, de quen destacou o seu ímpeto, forza de vontade, experiencia e ideas, “é a mellor candidata posible para que o concello da Coruña volva poñerse a andar”. Neste senso, salientou que son moitos os coruñeses que, ao ver a cidade parada, piden máis ca nunca que A Coruña “sexa imparable”: “Os coruñeses piden unha Coruña imparable e, por iso, presentamos a candidata que mellor pode garantilo”.
Tellado asegura que as Mareas de Podemos só serviron para instalar o amiguismo nas institucións
28, setembro, 2018. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, afirmou esta mañá que a Marea de Xulio Ferreiro “o único que fixo en tres anos foi instalar o amiguismo no Pazo de María Pita, ata deixar á cidade nunha situación completamente insostible”.
O Parlamento galego demanda que a Xunta elabore un informe sobre o impacto futuro da automatización no mercado laboral
Continue reading