Santiago, 20 de xuño de 2017.- A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa, asegurou hoxe no Parlamento que “os impostos medioambientais de Galicia, como o canon eólico, non gravan as actividades ou instalacións de subministro eléctrico e, polo tanto, non poden incluírse nas facturas eléctricas que pagan os consumidores galegos”. “O Goberno galego xa trasladou ao Goberno do Estado en diversas ocasións o seu rexeitamento a incluír estes impostos na factura eléctrica, porque entende que gravan o impacto ao medio ambiente”, engadiu.
O Grupo Popular pedirá no pleno que se modifique o Código Penal en materia de ocupación ilegal de vivendas para adaptalo á realidade actual
Santiago, 19 de xuño de 2017.- O Grupo Popular defenderá no Pleno desta semana que se modifique do Código Penal en materia de usurpación de vivendas para adaptalo á realidade actual, ao tempo que se solicita que os delitos relacionados coa ocupación ilegal de vivendas sexan tratados en xuízos rápidos e se realoxe ás familias ocupantes que estean en risco de exclusión social. Así mesmo, o Grupo Popular pedirá que Galicia, xunto coas comunidades do norte de España e a rexión norte de Portugal, quede conectada ao corredor atlántico ferroviario.
O Grupo Popular apoia solicitar á Google que corrixa os topónimos erróneos da súa aplicación Google Maps
Santiago, 16 de xuño de 2017.- O Grupo Popular apoiou esta mañá no Parlamento solicitar á Xunta se dirixa á empresa Google para que corrixa os topónimos da súa aplicación Google Maps restituíndoos á súa forma legal. Así mesmo, a iniciativa inclúe o rexeitamento ao uso por parte de organismos e institucións oficiais de toponimia ilegal, lembrando que a única forma oficial é a galega.
O Parlamento solicita á Xunta que desenvolva o regulamento para implantar en 2018 a primeira convocatoria centralizada de policías locais
Santiago, 16 de xuño de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade, a instancias do Grupo Popular, solicitar á Xunta de Galicia que realice o desenvolvemento regulamentario necesario, no prazo de tempo máis áxil posible, para implantar en 2018 a primeira convocatoria centralizada de policías locais.
O Grupo Popular avoga polo “rigor e prudencia” á hora de abordar unha normativa sobre os lobbies en Galicia
Santiago, 16 de xuño de 2017.- A deputada do Grupo Popular Isabel Novo Fariña avogou hoxe no Parlamento galego polo “rigor e a prudencia” á hora de abordar unha normativa sobre os lobbies en Galicia, polo que sinalou que “estamos abertos a avanzar neste asunto, pero non con frivolidades e eslóganes como os que trae En Marea”.
O Grupo Popular defende que a Xunta teña rematado en 2018 as obras do novo xulgado de Tui
Santiago, 16 de xuño de 2017.- O Grupo Popular defendeu esta mañá no Parlamento que a Xunta de Galicia teña rematado en 2018 as obras para a conversión do antigo centro de saúde de Tui no novo edificio xudicial que albergue os tres xulgados desta vila pontevedresa.
Continue reading
O PPdeG acusa a BNG e Deputación de Pontevedra de carecer de rumbo na xestión de residuos e “pretender agora involucrar nesa viaxe á Xunta de Galicia”
Santiago, 14 de xuño de 2017.- O deputado do Grupo Popular Jacobo Moreira acusou esta mañá no Parlamento ao BNG e á Deputación de Pontevedra de “non ter rumbo algún na xestión de residuos e pretender agora involucrar nesa viaxe á Xunta de Galicia para compartir esa indefinición”. “O único do que temos noticia é de que están pagando por alugar uns terreos para unha planta de compostaxe da que non se ten nin proxecto”, apuntou.
O Grupo Popular lamenta que En Marea rexeitara no Parlamento instar á Xunta para que en seis meses contrate proxecto integral de mellora da PO-308
Santiago, 14 de xuño de 2017.- O deputado do Grupo Popular Jacobo Moreira salientou hoxe no Parlamento que o Goberno galego “está traballando con intensidade na mellora da seguridade viaria na estrada PO-308, en especial para os usuarios máis vulnerables como poden ser os peóns”.
O Grupo Popular demanda coordinación entre o Concello de Redondela, a Deputación de Pontevedra e Fomento para realizar melloras na estrada N-550
Santiago, 14 de xuño de 2017.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, demandou hoxe “coordinación entre o Concello de Redondela, a Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Fomento para a execución da mellora da seguridade viaria e a mobilidade peonil na estrada N-550 ao seu paso pola parroquia de Cesantes en Redondela, así como para a ampliación da zona de estacionamento e entrada ao colexio”. “Trátase dunha estrada nacional e o acceso a este centro de ensino é de titularidade da Deputación Provincial, polo que a Xunta carece de competencias nestas dúas obras”, sinalou.
O Parlamento de Galicia aproba instar á xunta a iniciar os traballos para a ampliación da Rede Natura 2000
Santiago, 14 de xuño de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancias do Grupo Popular, unha proposición no de lei a través da que se insta á Xunta de Galicia a iniciar os traballos de estudo e documentación para a ampliación da Rede Natura 2000.