Santiago, 19 de abril de 2017.- O Grupo Popular apoiou esta mañá a aprobación no Parlamento de Galicia dunha proposición non de lei a través da que se demanda ao Ministerio de Fomento que elabore e aprobe un Plan de actuación para eliminar os puntos negros da Rede de estradas do Estado en Galicia.
O Grupo Popular defenderá no pleno a modernización da conexión ferroviaria entre A Coruña e Ferrol
Santiago, 18 de abril de 2017.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana demandar ao Goberno central a modernización da conexión ferroviaria entre A Coruña e Ferrol, así como apoiar aos centros de formación profesional como verdadeiros impulsores da innovación no sector empresarial galego.
O Parlamento galego avanzará esta semana na elaboración do informe para o traspaso da AP-9 e no Pacto galego contra a violencia de xénero
Santiago, 17 de abril de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, informou hoxe que o Parlamento de Galicia avanzará esta semana nas ponencias encargadas de elaborar o informe para a tramitación da proposición de lei de traspaso da AP-9 a Galicia e o Pacto galego contra a violencia de xénero.
O Parlamento insta á Xunta a continuar apoiando ao sector lácteo galego,tanto a nivel nacional como en Europa
Santiago, 12 de abril de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a iniciativa do Grupo Popular, instar á Xunta de Galicia a continuar co seu apoio ao noso sector lácteo mediante o mantemento das medidas e axudas xa implantadas, ao tempo que manteña o seu papel activo na defensa do sector lácteo, tanto no ámbito nacional coma no da Comunidade Europea.
Tellado celebra que as obras do AVE transcorran a pleno rendemento en Galicia logo do bloqueo que a esquerda fixo ao Goberno
Santiago, 12 de abril 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, celebrou que as obras do AVE transcorran a pleno rendemento en Galicia logo de case un ano de bloqueo do Estado propiciado pola esquerda.
Continue reading
O Parlamento aproba conmemorar este ano o 200 aniversario da Carta Xeométrica e difundir a obra do seu autor Domingo Fontán
Santiago, 11 de abril de 2017.- A Comisión 4ª de Educación e Cultura do Parlamento aprobou hoxe a iniciativa do PPdeG encamiñada a difundir a vida e obra de Domingo Fontán e conmemorar este ano 2017 o 200 aniversario dos comezos da elaboración da Carta Xeométrica.
O Parlamento aproba espallar o coñecemento da obra, o pensamento galeguista e a súa labor no eido da normalización lingüística de Carlos Casares
Santiago, 11 de abril de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, na sesión da Comisión 4ª de Educación e Cultura, demandar á Xunta a impulsar e desenvolver iniciativas que contribúan a afondar e espallar o coñecemento da sobra literaria, o pensamento galeguista e a importante labor no eido da normalización lingüística, da modernización da cultura e na dignificación da lingua galega de Carlos Casares Mouriño con ocasión de adicarlle o Día das Letras Galegas neste ano 2017.
Pedro Puy afirma que cuestionar os orzamentos de España para Galicia “non é unha realidade que se constate con estudos académicos solventes”
Santiago, 10 de abril de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe que “cuestionar os orzamentos de España na súa relación con Galicia, como está a facer a oposición, non é unha realidade que se constate con estudos académicos solventes”, polo que indicou que “dicir que España marxina a Galicia é facer un exercicio de voluntarismo e de posverdade”.
O PPdeG avoga por modificar a normativa da plusvalía municipal para adaptala ás sentenzas do Tribunal Constitucional
Santiago, 7 de abril de 2017.- O deputado do Grupo Popular José González Vázquez avogou hoxe no Parlamento, ante as recentes sentenzas do Tribunal Constitucional que declaran a inconstitucionalidade do método de cuantificación da base impoñible da coñecida como plusvalía municipal, porque se modifique a normativa deste imposto para adaptalo ao criterio emanado destas sentenzas.
O PPdeG critica que a oposición utilice ao IGAPE como “arma arroxadiza”e ao mesmo tempo pide á Xunta a continuidade das empresas con dificultades
Santiago, 7 de abril de 2017.- A deputada do Grupo Popular Sandra Vázquez Domínguez afirmou hoxe que “o Igape está para asumir riscos xunto coas empresas que teñan un plan de viabilidade”. Neste sentido, criticou que os grupos da oposición “utilicen este organismo como arma arroxadiza, cando constantemente instan á Xunta a garantir a continuidade dos postos de traballo de toda canta empresa atravesa un momento de dificultade”.
Continue reading