Santiago, 21 de febreiro de 2017.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, propuxo hoxe por terceira vez a aprobación polo Parlamento galego dunha declaración institucional na que se solicite a elaboración dun informe independente, incontrovertido e incuestionable sobre o accidente ferroviario de Angrois. Fernández Prazo reiterou o interese do PPdeG de que se esclarezan completamente as causas deste accidente coa maior profundidade e rapidez posible, pero sinalou que “é necesario que se faga nos foros adecuados, nos que teñen competencias para elo e fuxindo de usos demagóxicos e partidistas deste tráxico suceso”.
Puy considera que “é o momento de que o Goberno galego faga un estudo sobre os escenarios que se abren en Galicia co Brexit”
Santiago, 20 de febreiro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, considerou hoxe que “é o momento de que o Goberno galego faga un estudo para saber cales son os escenarios que se abren” coa saída do Reino Unido da Unión Europea.
O GPP apoia no Parlamento demandar ao Ministerio de Facenda que elimine a obrigatoriedade de habilitación nacional para os tesoureiros dos concellos de menos de 10.000 habitantes
Santiago, 17 de febreiro de 2017.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno central a eliminación da obrigatoriedade da habilitación nacional para os tesoureiros dos concellos de menos de 10.000 habitantes.
O Parlamento solicita ao Ministerio de Facenda un cambio de criterios de cómputo de entidades suprimiridas nas autonomías para que recoñeza o esforzo real feito en Galicia
Santiago, 17 de febreiro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancia do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se solicita ao Ministerio de Hacienda e Administracións Públicas que modifique os criterios de cómputo de entidades e aforros do sector público autonómico de Galicia no seu informe de situación dos procesos de reordenación, de xeito que inclúan a globalidade das entidades extinguidas, aforros acadados e procesos de reordenación impulsados dende a Comunidade galega.
O PPdeG poñerá en marcha esta primavera os seus congresos locais nas cidades
Santiago, 17 de febreiro de 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, afirmou esta mañá que nos próximos meses a encomenda dos populares galegos é traballar nos congresos locais. Así mesmo, avanzou que os máis inmediatos serán os de A Coruña e Lugo, que posiblemente se celebren xa esta mesma primavera, e aos que seguirán os doutras cidades e un bo número de vilas de tamaño intermedio.
Para a deputada Marián García Míguez “a educación en igualdade é o principio do fin da violencia”
Santiago, 16 de febreiro de 2016.- A deputada popular Marían García Míguez indicou hoxe no transcurso da Comisión de Sanidade e Política Social do Parlamento que “abordar a problemática da violencia de xénero dende as aulas é básico” e nese sentido sinalou que “a educación en igualdade é o principio do fin da violencia”.
O GPP reitera que Augas de Galicia non recepcionará a EDAR de Ribeira ata que se solucionen os problemas detectados na fase de probas
Santiago, 15 de febreiro de 2017.- O portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Gonzalo Trenor, reiterou hoxe no Parlamento que Augas de Galicia non recepcionará a estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Ribeira ata que se solucionen efectiva e definitivamente os problemas detectados na actual fase de probas, que rematan o vindeiro mes de setembro.
Soraya Salorio demanda ao Concello de Sada un proxecto para evitar inundacións neste municipio
Santiago, 15 de febreiro de 2017.- A deputada do Grupo Popular Soraya Salorio demandou hoxe no Parlamento que o Concello de Sada elabore un proxecto para evitar as inundacións no casco urbano deste municipio “e deixe de pedir diñeiro a discreción sen saber en concreto en que se vai investir”.
O GPP asegura que a Xunta atendeu e atenderá todas as solicitudes de axuda para paliar a pobreza enerxética
Santiago, 15 de febreiro de 2017.- A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa, asegurou hoxe no Parlamento que a Xunta de Galicia atendeu e atenderá todas as solicitudes de axuda para paliar a pobreza enerxética que cumpran cos requisitos da convocatoria, tanto de tícket eléctrico social como para evitar os cortes de luz ou gas natural. Porén, lamentou que a oposición rexeitara un acordo unánime para introducir melloras na orde reguladora destas axudas de tipo social e presionar ao Goberno central na definición de consumidor vulnerable severo ou a participación das compañías eléctricas no financiamento destas medidas.
O Parlamento solicita á Xunta que execute á maior brevidade o trasvase de area previsto para a praia de Covas en Viveiro
Santiago, 15 de febreiro de 2017.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación no Parlamento galego dunha proposición non de lei, logo dunha transacción realizada co BNG, a través da que se insta á Xunta a executar, coa maior celeridade posible, o trasvase de area previsto para a praia de Covas en Viveiro, ao tempo que mantén unha vía de comunicación directa e permanente con todas as persoas afectadas para procurar unha solución a longo prazo para a fixación de area nesta praia.