O Parlamento galego pide por unanimidade a transferencia da AP-9 a Galicia

O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición de lei do Grupo Popular, para remitir ao Congreso, de transferencia da titularidade e competencias da autoestrada AP-9 a Galicia. “O que queremos os galegos é unha AP-9 plenamente galega, que permita unha xestión máis directa e máis pegada ao territorio, e libre de cargas”, incidiu o portavoz popular de Infraestruturas, José Manuel Balseiro.

Continue reading

O Grupo Popular defende unha transferencia da AP-9 “que non supoña unha carga económica para os galegos”

O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, afirmou hoxe que “defendemos unha transferencia da AP-9 que non supoña unha carga económica para os galegos, xa que na proposta que debateremos no Pleno de mañá blindamos os fondos estatais necesarios para poder executar tanto as obras pendentes, como o abono da bonificación das peaxes actuais e futuras”. Neste sentido, lamentou que o BNG “siga centrándose unicamente na transferencia desta autoestrada, sen ter en conta o custo que o seu mantemento e a bonificación das peaxes pode ter para todos os galegos”.

Continue reading

Paula Prado: “Non imos consentir que Pedro Sánchez prive a Galicia de nada para darllo a outros territorios a cambio de manterse no poder”

A secretaria xeral do PPdeG remarcou hoxe nunha entrevista no programa ‘Galicia por Diante’ de Radio Galega que, neste novo curso político, as prioridades da formación seguirán sendo “resolver os problemas dos galegos, axudarlles a facer fronte ao incremento do custo da vida, ofrecer estabilidade e gobernar con sentidiño, lonxe do ruído que vemos na política estatal”.

Continue reading

O Parlamento insiste na demanda ao Goberno de España para que transfira fondos a Galicia que garantan a viabilidade dos proxectos tractores

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, co voto en contra do PSdeG, a través da que se demanda ao Goberno de España a transferir fondos europeos para a súa xestión directa co obxectivo de garantir a viabilidade dos principais proxectos tractores galegos, ao igual que ten feito con outras Comunidades Autónomas.

Continue reading

O Grupo Popular leva de novo ao primeiro Pleno deste período de sesións a proposición de lei para a transferencia da AP-9 á Xunta de Galicia

O Grupo Popular incorporou á orde do día do primeiro Pleno deste novo período de sesións, que se celebrará a vindeira semana, o debate da proposición de Lei, para a súa remisión ao Congreso, de transferencia da titularidade e competencias da AP-9 á Xunta de Galicia, unha vez que a iniciativa que xa se estaba a tramitar na Cámara Baixa decaeu pola convocatoria das eleccións xerais. Así mesmo, o Grupo Popular demandará que o Parlamento galego exprese o seu firme compromiso na defensa da Constitución de 1978 e da independencia do Poder Xudicial, así como que a Xunta potencie a investigación no eido da medicina xenómica.

Continue reading

O PPdeG sitúa a creación de postos de traballo co impulso do sector industrial como un dos principais obxectivos para o novo curso político

28 de agosto de 2023. A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, situou hoxe como “un dos principais obxectivos para o vindeiro período de sesións no Parlamento de Galicia a creación de postos de traballo co impulso do noso sector industrial, apoiado na chegada dos fondos europeos e atendendo as súas demandas, sobre todo en materia de enerxía”.

Continue reading

Alfonso Rueda: “Galicia nunca vai pagar rescates imposibles nin cederá ante a chantaxe e non toleraremos que se compren gobernos a costa dos recursos dos galegos”

27 de agosto de 2023. O presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, reivindicou a vitoria do PP nas eleccións municipais e autonómicas, así como o apoio masivo recibido por Alberto Núñez Feijóo nas xerais en Galicia. Tal e como demostra o feito de que o PPdeG obtivese 13 de 23 escanos e o número máximo de senadores, 14. “Con firmeza, convencemento e enteireza dígoche, Alberto, que tes que ser o próximo presidente de España. Tal e como dixeron centos de miles de galegos o 23 de xullo”, asegurou dirixíndose ao líder dos populares.

Continue reading

Paula Prado: “O Castelo de Soutomaior volverá ser o símbolo dos éxitos do PP grazas ao liderado de Feijóo, que nos devolveu orgullo das vitorias neste ano 2023”

26 de agosto de 2023. A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, asegura que o ano 2023 será recordado como o ano no que Alberto Núñez Feijóo “devolveu ao PP o orgullo das vitorias” e por iso reivindica a celebración do acto de inicio do novo curso político no lugar que durante anos simbolizou os éxitos da formación: o pontevedrés Castelo de Soutomaior.

Continue reading