4 de abril de 2023. O Grupo Popular pedirá no Pleno da vindeira semana que o Goberno de España transfira fondos europeos a Galicia para a súa xestión directa, co fin de garantir a viabilidade dos principais proxectos tractores galegos.
Pedro Puy propón a BNG e PSdeG reunirse para analizar a situación na que se atopa a tramitación do traspaso da AP-9 no Congreso
4 de abril de 2023. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, propuxo hoxe a BNG e PSdeG a celebración dunha reunión conxunta na que analizar a situación na que se atopa a tramitación no Congreso da proposición de lei aprobada no Parlamento de Galicia para o traspaso da AP-9 á Comunidade galega e valorar as posibles accións que se poden emprender para axilizar esta transferencia.
Pedro Puy salienta que os informes do Banco de España e do Foro Económico de Galicia “nos fan ser optimistas” sobre o futuro da economía galega
3 de abril de 2023. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe que os recentes informes publicados polo Banco de España e o Foro Económico de Galicia “nos fan ser optimistas” sobre o futuro da economía de Galicia, xa que reflexan un descenso da débeda pública e que o PIB galego xa acadou os niveis da prepandemia.
Paula Prado: “As crises internas do PSOE está facendo moito dano ás cidades que gobernan”
31 de marzo de 2023. A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, considera que “as crises internas do PSOE están facendo moito dano ás cidades que goberna” e pediu hoxe ao novo ministro de Sanidade e ao novo delegado do Goberno en Galicia que “deixen de confrontar co Partido Popular e empecen a confrontar con Sánchez”.
O Parlamento galego demanda a extensión dos plans locais de saúde a toda Galicia
30 de marzo de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a continuar coa implantación dos plans locais de saúde en todo o territorio galego, que na actualidade xa chegan a 43 centros de saúde de toda Galicia.
O Grupo Popular afirma que ningún servizo de urxencias de ningunha área sanitaria galega está colapsado ou en risco de colapso
30 de marzo de 2023. O viceportavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, afirmou hoxe no Parlamento de Galicia que “ningún servizo de urxencias de ningunha área sanitaria galega está nin colapsado nin en risco de colapso”.
O Grupo Popular lamenta que PSdeG e BNG sexan “os maiores inimigos da empresa e da industria galega”
30 de marzo de 2023. A deputada do Grupo Popular Noelia Pérez criticou hoxe no Parlamento galego que BNG e PSdeG “queiran dar leccións ao PPdeG de apoio ao tecido empresarial cando son os maiores inimigos da empresa e a industria galega”.
Rubén Lorenzo garante que todos os alumnos do centro Aspaber en Carballo terán unha praza educativa o vindeiro curso 2023-2024
30 de marzo de 2023. O deputado do Grupo Popular e candidato do PP á Alcaldía de Carballo, Rubén Lorenzo, asegurou hoxe no Parlamento de Galicia que a Xunta garante unha praza educativa a todos os alumnos do centro de educación especial de Aspaber, logo de que os xestores deste centro privado-concertado decidiran unilateralmente o cese desta actividade educativa o vindeiro curso 2023-2024.
Paula Prado pide a Miñones que “exerza a súa galeguidade” permitindo a Galicia poder formar máis médicos de familia
29 de marzo de 2023. A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, pediu hoxe a José Miñones que “exerza a súa galeguidade” no seu novo cargo de Ministro de Sanidade e “saque do caixón” a demanda de Galicia para poder formar máis médicos de familia e así paliar o déficit de profesionais que sofren tanto a Sanidade pública galega como o resto de comunidades autónomas.
O Parlamento galego pide á Unión Europea un continxente arancelario de lombos de atún de 55.000 toneladas para o período 2024-2026
28 de marzo de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co apoio de BNG nin de PSdeG, a través da que se solicita ao Goberno de España que defenda ante as institucións comunitarias o establecemento dun continxente arancelario autónomo de lombos de atún de 55.000 toneladas ao 0% do arancel para o próximo período 2024-2026.