Inclusión dos produtos do mar na rebaixa do IVE como alimento básico e de primeira necesidade

Solicitude ao  Goberno de España para que rectifique a decisión de excluír ao produtos do mar da rebaixa do IVE, de tal xeito que se lles aplique o mesmo tratamento fiscal que a outros alimentos básicos e de primeira necesidade, como medida de apoio para as familias con rendas baixas ou en situación de vulnerabilidade, para fomentar o consumo saudable e como iniciativa de apoio tamén a conxunto do sector pesqueiro e marisqueiro.

Continue reading

O PPdeG denuncia o “agravio económico” que supón para Galicia a negativa do Goberno a facilitar fondos europeos á industria téxtil

7 de xaneiro de 2023. O Partido Popular de Galicia cualifica de “novo agravio económico de Pedro Sánchez á Comunidade” a negativa do Goberno central a crear un Perte específico para a industria téxtil e denuncia que o único que se ofreza a cambio sexan “máis palabras bonitas que realidades das que poida dispoñer a industria galega para afrontar os grandes desafíos que ten por diante”.

Continue reading

Marta González: “O 2023 será a última oportunidade de Pedro Sánchez para cumprir con Galicia despois de catro anos sen facelo”

4 de xaneiro de 2023. Marta González, deputada galega do Partido Popular no Congreso, asegura que “o 2023 será a última oportunidade de Pedro Sánchez para cumprir con Galicia despois de catro anos sen facelo” e por iso reclama ao presidente do Goberno de España que faga “propósito de autoemenda” e cumpra os “compromisos adquiridos e reiteradamente esquecidos” coa nosa Comunidade.

Continue reading

O Grupo Popular salienta que a normalidade marcou a actividade no Parlamento en 2022, ano no que, por primeira vez, produciuse o relevo na Presidencia da Xunta a mediados de lexislatura

26 de decembro de 2022. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, fixo esta mañá balance da actividade no Parlamento de Galicia ao longo de 2022, “que viu marcada pola normalidade política, a pesar de que, por primeira vez, tivemos que facer o relevo na Presidencia da Xunta a metade de lexislatura”. “Dimos exemplo de coherencia, estabilidade e cumprimento estrito das regras nunha operación tan transcendente”, salientou. Así mesmo, destacou a aprobación dos orzamentos máis altos da historia de Galicia, así como de novas leis para o desenvolvemento industrial e a incorporación de profesionais á sanidade pública galega.

Continue reading

O Parlamento galego demanda incluír a síndrome coronaria aguda na axenda de prioridades sanitarias da Xunta

22 de decembro de 2022. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita incluír a síndrome coronaria aguda, primeira causa de morte entre as enfermidades cardiovasculares, na axenda de prioridades sanitarias da Xunta de Galicia, impulsando as ferramentas e os mecanismos necesarios de xestión que garantan a posta en marcha dunha e-interconsulta entre o médico de atención primaria e o Servizo de Cardioloxía, con resposta rápida; e fixar consulta presencial de alta resolución con prioridade nos pacientes que se considere necesaria consulta presencial tras a e-interconsulta.

Continue reading

O Parlamento galego solicita ao Goberno central que axilice a aprobación dos plans que delimitan as zonas nas que implantar enerxías mariñas

22 de decembro de 2022. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co apoio do BNG nin do PSdeG, a través da que se solicita que a Xunta manteña o apoio á plataforma experimental de eólica mariña prevista a 10 quilómetros do porto exterior de A Coruña como proxecto piloto para o posterior despregamento da eólica mariña en Galicia e a nivel de toda España.

Continue reading