O Grupo Popular presenta iniciativa parlamentaria con medidas para solventar a complicada situación dos viticultores galegos logo das xeadas

Santiago, 8 de maio de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, P edro Puy, informou esta mañá da presentación dunha proposición non de lei dirixida a “solventar a situación extraordinariamente complicada que están a vivir os viticultores, principalmente de O Ribeiro, Monterrei e Ribeira Sacra, afectados polas xeadas das pasadas semanas”. En concreto, esta iniciativa abrangue desde o inmediato asesoramento na repoda e recuperación dos viñedos, ata a consideración das xeadas como fenómeno climático adverso para poder acceder a axudas europeas; rebaixas no imposto sobre a renda; bonificacións na Seguridade  Social; convenios con entidades financeiras para habilitar préstamos a custe cero; ou dar prioridade nas axudas ás plantacións menos expostas ás xeadas.

Seguir leyendo

Pedro Puy considera que os orzamentos do Estado son «bos para darlle estabilidade ao crecemento económico que está a experimentar España»

Santiago, 7 de maio de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, considerou hoxe que os orzamentos do Estado son “bos para darlle estabilidade ao crecemento económico que está a experimentar España”, ao tempo que “manteñen  compromisos de gasto fundamentais para Galicia, como as infraestruturas do AVE”. “O Partido Popular foi capaz de dialogar e construír unha maioría para darlle estabilidade ao país a través dos orzamentos, que son o plan de gasto e investimento do Estado para un ano”, engadiu.

Seguir leyendo

O GPP reitera o máximo interese da Xunta por axudas ao concello de Betanzos na declaración como BIC do parque do Pasatempo

Santiago, 4 de maio de 2017.- A deputada do Grupo Popular María Antón reiterou hoxe no Parlamento que a Xunta de Galicia “xa ten manifestado o seu máximo interese por axudar ao Concello de Betanzos para poñer en marcha o expediente para a declaración como ben de interese cultural do parque de O Pasatempo, ao tempo que se comprometeu a revisar o anteproxecto de rehabilitación deste espazo e prestar asesoramento técnico para a súa adecuación á normativa vixente”.
Seguir leyendo

O GPP defende que o Banco de España indague sobre as prácticas financeiras inadecuadas e poña os medios para evitalas protexendo aos cidadáns

Santiago, 3 de maio de 2017.- O deputado do Grupo Popular, Gonzalo Trenor, defendeu hoxe no Parlamento que o Banco de España “indague sobre as prácticas financeiras inadecuadas que se poden estar producindo no noso país e poña os medios ao seu alcance para evitalas, protexendo, deste xeito, os dereitos da cidadanía galega cando utiliza os servizos financeiros”.

Seguir leyendo

Tellado agarda que “o mellor abril da historia sexa o anticipo dun gran ano para a nosa economía”

Santiago, 4 de maio 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, valorou este xoves os datos do desemprego relativos ao mes pasado, que achegan unha caída na cifra de desempregados de 23.524 persoas con respecto ao mesmo mes do ano anterior, o que supón un descenso interanual do 10,31%, sendo a maior baixada en abril de toda a serie histórica, desde 1996; e situando á Comunidade en niveis de paro inferiores a hai oito anos. Así, desexou que “este sexa un bo punto de partida para que a economía galega no seu conxunto teña un gran ano”.
Seguir leyendo

Pedro Puy salienta o feito de que a sociedade «estase desapalancando e intentando recuperar a independencia fronte ás entidades financeiras»

Santiago, 3 de maio de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou esta mañá no Parlamento que a sociedade galega e española “estase desapalancando e intentando recuperar a independencia fronte ás entidades financeiras”. Neste sentido, considerou “unha equivocación” a pretensión dos grupos da oposición de volver a niveis de préstamo bancarios existentes ao inicio da crise económica.
Seguir leyendo

Marían García:»As mulleres galegas necesitan un plan de emprego feminino,pero o que non necesitan é un plan de emprego socialista»

Santiago, 3 de maio de 2017.- A portavoz de Igualdade do Grupo Popular, Marián García Míguez, reiterou hoxe que a Xunta de Galicia xa confirmou que haberá un plan de emprego feminino. “As mulleres galegas necesitan un plan de emprego feminino, pero o que non necesitan é un plan de emprego socialista”, manifestou en resposta a unha iniciativa do PSdeG debatida esta mañá no Parlamento.
Seguir leyendo