Skip to content

O Parlamento de Galicia demanda a ampliación dos programas e axudas destinados á inclusión sociolaboral das mulleres máis vulnerables

Santiago, 9 de marzo de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a promover o mantemento e ampliación dos programas e axudas destinados á inclusión sociolaboral das mulleres máis vulnerables; consolidar os recursos para mulleres con discapacidade; reforzar a perspectiva de xénero no ámbito medioambiental; apoiar a promoción profesional das mulleres no ámbito cultural e a visibilización da súa produción artística; fomentar as boas prácticas e implicación dos medios de comunicación para promover a igualdade; a concienciación da sociedade en torno á igualdade; así como consolidar e impulsar a igualdade no ámbito deportivo.

A viceportavoz popular, Paula Prado, afirmou que “debemos enfocar as liñas de actuación no ámbito da igualdade de xeito transversal, de maneira que as políticas públicas que se desenvolvan ao seu abeiro teñan en conta as necesidades específicas de todas as mulleres; pero tamén estruturais, tendo en conta a diversidade da sociedade galega, en xeral, e a das mulleres, en particular, desde unha perspectiva interseccional orientada a acadar unha sociedade verdadeiramente inclusiva”.

 

Paula Prado lembrou que a Xunta “ten asumido un firme compromiso coa sociedade galega en prol da igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes, que pasa inescusablemente pola loita contra a violencia de xénero, erradicación da fenda salarial, mellorar a empregabilidade de mulleres vítimas de violencia de xénero ou promoción do emprendemento feminino, entre outras accións”.

 

Máis en concreto, salientou que a área de igualdade do Goberno galego contará este ano con 31,4 millóns de euros, un 14 por cento máis que no 2021 e máis dun 24 por cento con respecto a 2020.

 

ACTUACIÓNS NO ÁMBITO DA IGUALDADE

 

No ámbito concreto da promoción da igualdade, a viceportavoz popular citou algunhas das actuacións levadas a cabo pola Xunta de Galicia nestes anos, como as axudas a concellos e entidades locais, para centros de información ás mulleres, o fomento da conciliación ou a promoción da igualdade; a asociacións e entidades de iniciativa social, para atención a mulleres en situación de vulnerabilidade ou o fomento do asociacionismo; ás ANPAS, federacións e confederación de ANPAS; para compensar a redución da xornada laboral nas empresas e institucións; ou o programa EMEGA de emprendemento feminino.

 

Para rematar, Prado destacou o impulso por parte do Goberno galego á nova Lei galega de igualdade de mulleres e homes, cuxo anteproxecto foi aprobado polo Consello da Xunta a pasada semana e iniciará neste mes de marzo o período de consulta pública previa.

 

Este texto legal contemplará medidas que reforcen a igualdade de xénero en materia de dixitalización; ofrecerá protección ás mulleres fronte a ataques sexistas; promoverá programas municipais para crear espazos urbanos libres de violencia e acoso sexual; contribuirá á defensa dos dereitos e á visibilización das mulleres que sofren discriminación; ou introducirá a idea de benestar laboral nas empresas, vencellada coas políticas de conciliación, substitución por maternidade, prevención de riscos laborais, teletraballo e responsabilidade social empresarial.

“Unha vez máis, Galicia será pioneira en regular estas cuestións, porque a nosa Comunidade merece unha lei adaptada á realidade do século XXI, mentres o Goberno de España está enredado en discutir a ideoloxía de xénero Queer”, indicou a viceportavoz popular.

Noticias recomendadas

O PPdeG critica a falta de compromiso e as contradicións do PSOE coa transferencia da AP-9
O Partido Popular de Galicia critica a falta de compromiso e as contradicións do PSOE no que se refire á transferencia da AP-9 logo de que hoxe os socialistas optaran
O PPdeG celebra o peche dun ciclo electoral de éxitos: “Rematamos un gran ano con 4 eleccións e 4 grandes triunfos”
O Partido Popular de Galicia celebra o remate dun ciclo electoral con catro eleccións e catro grandes triunfos, que se materializou nunhas cifras que ratifican o bo momento do partido:
Alfonso Rueda reivindica a victoria do PPdeG nas eleccións europeas: “Somos orgullosamente galegos, españois e europeos porque somos como Galicia”
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe que a victoria do partido nas eleccións ao Parlamento Europeo non só serve para que Europa “escoite, teña en conta e coñeza
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Cookies settings
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Cookies settings