Skip to content

Solicitude ao concello de Vigo que poña a disposición do Ministerio de Cultura os terreos para a futura obra da Biblioteca Pública do Estado en Vigo

Solicitude ao concello de Vigo que poña a disposición do Ministerio de Cultura os terreos para a futura obra da Biblioteca Pública do Estado en Vigo

 

O proxecto da futura Biblioteca Pública do Estado en Vigo implica a participación das tres administracións: o Concello de Vigo,que cede a parcela; o Ministerio de Cultura, que redacta o proxecto, executa a obra civil e dota de equipamento; e a Xunta de Galicia, que recibe o edificio e pasa a xestionalo cos orzamentos propios da Comunidade Autónoma.

Os técnicos da Xunta de Galicia elaboraron hai máis de dous anos un plan de necesidades para a futura biblioteca cunha superficie útil de entre 8.000 e 8.500 m². As dimensións non podían ser inferior posto que, como se explicou en diversas ocasións, Vigo carece dunha rede de bibliotecas municipais e o tamaño medio das bibliotecas construídas polo Ministerio de Cultura é de entre 6.000 e 6.500 m².

A proposta de cesión da parcela realizada inicialmente polo Concello era insuficiente en relación ás necesidades dunha cidade do tamaño de Vigo. Pola contra, o proxecto da Xunta de Galicia permitía dotar á cidade dunha infraestrutura cultural de primeiro nivel. Por iso, xa no mes de outubro de 2020 o Grupo Popular presentou unha proposición non de lei (PNL) na que se solicitaba:

    Por unha banda, que o concello de Vigo realizase coa maior brevidade posible a cesión da parcela para a edificación da futura biblioteca.
    Pola outra, que o Goberno do Estado incorporara xa nos orzamentos de 2021 unha  partida  específica  para  iniciar  a  construción  coas  características  do
proxecto da Xunta de Galicia.

Esta proposición non de lei, que pretendía xa no ano 2020 axilizar os trámites para a creación da nova sede da biblioteca en Vigo, só contou cos votos a favor do Grupo Popular.

Desde  entón,  avanzouse  nalgúns  aspectos  e  así,  no  mes  de  marzo  de  2022,  o Goberno do Estado aceptou, finalmente, a postura da Xunta de facer una biblioteca acorde ás necesidades de Vigo.

En setembro deste ano, o responsable de cultura da Xunta de Galicia, nunha xuntanza co Ministro de Cultura, Miquel Iceta, volveu manifestar a súa preocupación pola Biblioteca de Vigo.

Nestes momentos, o Concello de Vigo é a única administración que non está colaborando para que a cidade conte cunha infraestrutura cultural tan necesaria. Desde o Grupo Popular consideramos prioritario que o Concello, responsable de ceder os terreos onde se edificará a futura biblioteca, realice as xestións oportunas para que o Ministerio de Cultura poida iniciar, canto antes os traballos, seguindo o plan de necesidades elaborado Polos técnicos da Xunta de Galicia.

Polo  exposto,  o  Grupo  Parlamentario  Popular  de  Galicia  presenta  a  seguinte Proposición non de lei:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que lle solicite ao Concello de Vigo que, coa máxima urxencia, poña a disposición do Ministerio de Cultura os terreos para comezar a futura obra da Biblioteca Pública do Estado en Vigo”.

Noticias recomendadas

O Grupo Popular pide ao Consello de Contas que realice unha auditoría operativa aos concellos que non cumpran coa obriga de render as súas contas
O Grupo Popular vén de solicitar ao Consello de Contas que incorpore no seu plan de traballo para 2025 a realización dunha auditoría operativa aos concellos que non cumpriron coa
O PPdeG comprométese a “seguir defendendo Galicia ante quen nos considera menos”, como o Goberno central
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, reafirmou hoxe o compromiso do seu partido coa defensa de Galicia “ante quen nos considera menos” contrapoñendo a un Goberno autonómico que “atende
Millán Mon e Adrián Vázquez aspiran a “converter as prioridades galegas en prioridades europeas” e “impoñer o sentidiño” no novo Parlamento Europeo
Os eurodeputados galegos Francisco Millán Mon e Adrián Vázquez aspiran a que nesta nova lexislatura que se iniciou hoxe no Parlamento Europeo “as prioridades galegas se convertan en prioridades europeas”
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies