Pide a Caballero que se faga cargo das súas responsabilidades, pois o abandono das súas competencias causaron máis de 400 feridos no Marisquiño
O Parlamento galego solicita ao Goberno de España a elaboración dun PERTE para o sector cultural
Santiago, 11 de marzo de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España a elaboración dun proxecto estratéxico para a recuperación e a transformación económica (PERTE) para o sector cultural, ao ser este un sector que está en liña cos obxectivos destes instrumentos.
O Parlamento galego demanda a posta en marcha da marca Leite de pastoreo
Santiago, 11 de marzo de 2022.- O Parlamento galego aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través das que se solicita a posta en marcha da marca Leite de pastoreo, impulsando así o produto galego baixo o paraugas de Galicia Calidade Alimentaria.
O PPdeG propón un plan de apoio aos autónomos que incremente as medidas de estímulo, reduza a fiscalidade e free a escalada de prezos
Lugo, 11 de marzo de 2022.- O portavoz de Emprego do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, demandou hoxe a posta en marcha desde as distintas administracións dun plan de apoio aos autónomos “conscientes de que son un dos colectivos que máis están a sufrir as dificultades derivadas do actual contexto económico”.
O Parlamento galego solicita modernizar e humanizar os puntos de encontro familiar
Santiago, 9 de marzo de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a adoptar as medidas necesarias para modernizar e humanizar os puntos de encontro familiar que actualmente se atopan en funcionamento en Galicia, tal e como está previsto facer nos centros de nova creación. Así mesmo, solicítase un protocolo que permita a valoración de risco nestes puntos de encontro fronte a situacións de violencia machista, así como deseñar canles de comunicación e colaboración interinstitucionais que garantan a protección das e dos menores e das súas nais, co obxectivo de unificar e harmonizar os criterios de intervención.
O Parlamento de Galicia demanda a ampliación dos programas e axudas destinados á inclusión sociolaboral das mulleres máis vulnerables
Santiago, 9 de marzo de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a promover o mantemento e ampliación dos programas e axudas destinados á inclusión sociolaboral das mulleres máis vulnerables; consolidar os recursos para mulleres con discapacidade; reforzar a perspectiva de xénero no ámbito medioambiental; apoiar a promoción profesional das mulleres no ámbito cultural e a visibilización da súa produción artística; fomentar as boas prácticas e implicación dos medios de comunicación para promover a igualdade; a concienciación da sociedade en torno á igualdade; así como consolidar e impulsar a igualdade no ámbito deportivo.
O Grupo Popular reitera o compromiso da Xunta e do IGE de elaborar en 2023 unha conta satélite de produción doméstica
Santiago, 8 de marzo de 2022.- A deputada do Grupo Popular Noelia Pérez reiterou hoxe no Pleno do Parlamento galego o compromiso do Goberno galego e do Instituto Galego de Estatística (IGE) de elaborar en 2023 unha conta satélite da produción doméstica “coherente e comparable a nivel europeo, cun sistema de recollida de datos fiable e axustada no tempo e no seu custe”.
O Grupo Popular demanda ao Goberno central que axilice as autorizacións para a modernización do regadío da Limia
Santiago, 8 de marzo de 2022.- A viceportavoz do Grupo Popular, Elena Candia, demandou hoxe no Pleno do Parlamento galego que a Xunta impulse o Plan estratéxico do sector agrario da comarca da Limia, co fin de alcanzar un mellor e máis efectivo aproveitamento dos recursos e reducir a concentración de nutrientes nas augas.
O PPdeG contrapón que o BNG critique no Parlamento a instalación de caixeiros automáticos no rural mentres os seus alcaldes recoñecen a disposición deste servizo bancario
Santiago, 8 de marzo de 2022.- A deputada do Grupo Popular Sandra Vázquez contrapuxo hoxe a oposición do BNG no Parlamento galego ao convenio asinado entre a Xunta e a Fegamp para a instalación de caixeiros automáticos nos concellos galegos que non contan con oficina bancaria e para ofertar un servizo de asistencia financeira aos seus veciños, “cando os seus alcaldes asinan este acordo e recoñecen que lles da un servizo bancario e financeiro sen custe para os seus concellos”.
O Grupo Popular critica que o PSdeG pida que “retrocedamos ao bipartito e apliquemos políticas caducadas de emprego e igualdade para as mulleres”
Santiago, 8 de marzo de 2022.- A deputada do Grupo Popular Cristina Sanz criticou hoxe no Pleno do Parlamento galego que o PSdeG “nos pida que retrocedamos ao tempo do bipartito e apliquemos políticas de emprego e igualdade para as mulleres de hai 16 anos”. “Son políticas que teñen caducado, que obedecen a unha realidade que non existe e que, ademais, xa foron xulgadas polos galegos en catro eleccións consecutivas”, subliñou.