O Parlamento galego demanda ao Goberno central a mellora da liña de ferrocarril Ferrol-Xixón

Santiago, 15 de abril de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o PSdeG, unha proposición non de lei a través da que se solicita ao Goberno central que continúe coas melloras iniciadas no ferrocarril Ferrol-Xixón, contemplando actuacións nos seguintes ámbitos: limpeza, roza e mellora da liña; mantemento e mellora das estacións; estudio de posibles novas estacións e apeadoiros en función da demanda; mellora progresiva do material rodado; e revisión das frecuencias actuais conforme á recuperación da demanda. Así mesmo, demándase o establecemento de procedementos claros de actuación no caso de que se produza calquera tipo de incidencias nos que primen a calidade do servicio e o confort do usuarios.

Continue reading

O Parlamento galego solicita a construción dunha estación de mercadorías no polígono industrial de San Cibrao das Viñas

Santiago, 15 de abril de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España que inicie a redacción do proxecto dunha nova estación ferroviaria de mercadorías no polígono industrial de San Cibrao das Viñas en Ourense, o que permitiría liberar espazo na estación de Ourense-Empalme.

Continue reading

O Grupo Popular demanda ao Concello que saque a licitación a liña de autobús Santiago-Lavacolla e subrogue aos traballadores

Santiago, 15 de abril de 2021.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Diego Calvo, amosou hoxe a “solidariedade” cos traballadores do servizo de transporte desde Santiago ata o aeroporto de Lavacolla e demandou ao Concello que “saquen a licitación esta liña e subroguen ao persoal, como se fixo en todas as concesións en toda Galicia”.

Continue reading

O PPdeG afirma que a iniciativa privada permite obter vacinas contra a Covid-19 en tempo récord

Santiago, 14 de abril de 2021.- A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo explicou hoxe no Pleno que “a iniciativa privada, ademais das colaboracións público-privadas, son as que permiten, en boa medida, que se desenvolvan proxectos a escala global para obter vacinas en tempo récord contra a Covid-19”. “Os dereitos de propiedade garanten que compañías farmacéuticas en todo o mundo se lancen á carreira incerta de investigar medicamentos, que implica grandes custes, un alto risco e remata con máis control público no que respecta á seguridade do produto”, explicou.

Continue reading

O Parlamento galego demanda ao Goberno central un reparto xusto das axudas para autónomos e pemes que non discrimine a Galicia

Santiago, 14 de abril de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, sen o apoio do PSdeG, a través da que se esixe ao Goberno de España máxima urxencia na tramitación e sinatura do convenio coa Xunta de Galicia para a transferencia de fondos para o reparto das axudas a autónomos e pequena e mediana empresa, ademais de facilitar os requisitos de xustificación de gastos das mesmas. Así mesmo, demándase un reparto xusto destes fondos, que non volva a prexudicar a Galicia, seguindo os criterios de financiamento autonómico e a porcentaxe de autónomos na Comunidade galega; e ampliar os sectores beneficiados para que as axudas cheguen a máis profesionais.

Continue reading