O Grupo Popular ve nos datos do paro de maio “o anticipo dunha espectacular campaña de verán”

Santiago, 2 de xuño de 2017.- A deputada do Grupo Popular Isabel Novo Fariña afirmou hoxe no Parlamento que os datos de paro relativos ao pasado mes de maio, que revelan que hai 20.826 persoas desempregadas menos con respecto a hai un ano, que supoñen un descenso do 9,45 por cento anual, son “o anticipo dunha espectacular campaña de verán”. Así, lembrou que as cifras atópanse por debaixo das de 2009, e que Galicia encadea máis de tres anos e medio de baixadas interanuais consecutivas.

Continue reading

O Parlamento aproba solicitar ao Goberno central a creación dun fondo forestal nacional

Santiago, 2 de xuño de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancia do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se solicita ao Goberno central a creación dun fondo forestal nacional, co obxectivo de compensar aos titulares de montes que cunha xestión sostible xeran servizos medioambientais e fomentar a ampliación destes espazos ben por reforestación ou por  implantación de xestión forestal sostible.

Continue reading

O PPdeG volve apoiar no Parlamento que a familia Franco cumpra a obriga legal de abrir o Pazo de Meirás ao público catro días ao mes durante todo o ano

Santiago, 1 de xuño de 2017.- O Grupo Popular volveu apoiar esta tarde no Parlamento unha proposición non de lei para que a familia Fraco cumpra a obriga legal, recollida na Lei do patrimonio cultural de Galicia, de abrir o Pazo de Meirás ó público polo menos durante catro días ó mes durante todo o ano, incluíndo o mes de agosto.

Continue reading

O PPdeG critica a “frivolidade” do BNG ao solicitar que a Xunta dedique recursos públicos á conservación e restauración de patrimonio cultural privado

Santiago, 1 de xuño de 2017.- A deputada do Grupo Popular María Antón Vilasánchez criticou a “frivolidade” amosada polo BNG esta tarde no Parlamento “ao solicitar que a Xunta dedique recursos públicos á conservación, mantemento e restauración de bens integrantes do patrimonio cultural galego que son de titularidade privada”.

Continue reading

O GPP defenderá no pleno que Xunta e concellos colaboren na elaboración do novo mapa de transporte por estrada, implicando tamén ás deputacións

Santiago, 30 de maio de 2017.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta para que estableza cos concellos galegos un marco de diálogo e colaboración na planificación do novo mapa de transporte por estrada, no que tamén se solicita a implicación das deputacións provinciais. Ademais, solicitará a creación dun calendario de vacinación para adultos.

Continue reading

O Parlamento aproba, cos únicos votos do PPdeG, unha iniciativa que inclúe un completo catálogo de medidas de apoio aos viticultores afectados polas xeadas

Santiago, 26 de maio de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou esta mañá, cos únicos votos favorables do Grupo Popular, unha proposición non de lei que incorpora diversas medidas de apoio aos viticultores afectados polas xeadas, que van desde a declaración como fenómeno climático adverso, rebaixas no IRPF dos viticultores afectados, bonificacións da Seguridade Social, préstamos a custe cero, o impulso da contratación de seguros contra xeadas ou o fomento da implantación de medidas anti xeadas.

Continue reading

O Parlamento aproba solicitar ao Goberno central que demande a Venezuela o pago das pensións aos emigrantes retornados ou venezolanos residentes en Galicia

Santiago, 24 de maio de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o  Grupo Socialista, unha proposición non de lei a través da  que se pide ao Goberno central que realice cantas actuacións sexan precisas para que Venezuela cumpra os acordos vixentes entre ambos países e faga efectivo o pago das pensións. “Pensións ás que teñen dereito e necesitan con urxencia”, puntualizou a portavoz de Emigración, Raquel Arias.

Continue reading