O Parlamento aproba solicitar que os delitos de ocupación de inmobles sexan obxecto de xuízos rápidos

Santiago, 21 de xuño de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, a instancias do Grupo Popular e transaccionada do Grupo Socialista, a través da que solicita unha mellora do marco normativo que regula o delito de usurpación de inmobles, en concreto unha modificación do Código Penal, a potenciación dos xuízos rápidos como procedementos modelo para os delitos de ocupación de inmobles ou a adopción de medidas cautelares para o desaloxo de inmobles dende o comezo da instrución sumarial.

Continue reading

O Parlamento demanda que Galicia, as comunidades do norte de España e a Rexión Norte de Portugal quedan conectadas Corredor Atlántico Ferroviario

Santiago, 21 de xuño de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade, logo dunha transacción entre o  Grupo Popular e o BNG, unha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno de España que realice as xestións oportunas ante a Unión Europea para que, na revisión do Regulamento do mecanismo Conectar Europa que se realizará no ano 2018, Galicia, as comunidades do norte de España e a Rexión Norte de Portugal queden conectadas ao Corredor Atlántico, configurando unha verdadeira rede de mercadorías por ferrocarril que desde a fachada atlántica da península comunique co resto de Europa.

Continue reading

Pedro Puy cualifica de “tolemia” a proposta dun cupo galego do BNG

Santiago, 20 de xuño de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, cualificou hoxe de “tolemia” a proposta dun cupo galego por parte do BNG, xa que fixou en máis de 3.600 millóns de euros cada ano a diferenza entre o que Galicia recibe do Estado do que a Administración central recada na Comunidade galega, segundo os últimos datos do sistema de contas públicas territorializadas.

Continue reading

Paula Prado: “Se o Fiscal Xeral do Estado estima oportuno crear unha Fiscalía Anticorrupción en Galicia, apoiaremos esta decisión”

Santiago, 20 de xuño de 2017.- A viceportavoz do  Grupo Popular, Paula Prado, asegurou esta tarde no Parlamento que, “se o Fiscal Xeral do Estado estima oportuno e conveniente crear unha Fiscalía Anticorrupción en Galicia, apoiaremos esta decisión” e reiterou a disposición da Xunta de dotar dos medios materiais e humanos que precisase para o seu correcto funcionamento. Neste sentido, Prado manifestou que “se a Fiscalía Anticorrupción tivera competencias en delitos de inxurias e calumnias, estou segura de que tería que crear unha delegación neste Parlamento”.

Continue reading

O PPdeG contrapón que a Xunta xestione o 96,5% das prazas públicas en escolas infantís fronte ao 100% de privatización nas escolas municipais de Santiago,Vigo ou A Coruña

Santiago, 20 de xuño de 2017.- A portavoz de Asuntos Sociais do Grupo Popular, Marta Rodríguez Arias, contrapuxo o feito de que o 96,5 por cento das prazas públicas en escolas infantís estean xestionadas directamente pola Xunta de Galicia, con que o 100 por cento das escolas de competencia municipal en Santiago, Vigo ou A Coruña estean privatizadas.

Continue reading

O Grupo Popular afirma que o plan de relevo xeracional de autónomos da xunta fomentará a continuidade dos negocios e favorece a integración da mocidade

Santiago, 20 de xuño de 2017.- A portavoz de Comercio do Grupo Popular, Cristina Romero, sinalou esta mañá no Parlamento que o Goberno galego “está elaborando un plan de relevo xeracional para os autónomos galegos, enmarcado na Estratexia Autónomo 2020, co obxectivo de fomentar a continuidade dos negocios e favorecer a integración da mocidade”. “O obxectivo é a continuidade de todos aqueles negocios que sexan viables e o seu crecemento”, apuntou.

Continue reading

O PPdeG defende que a Xunta inclúa na Estratexia Galega de Cambio Climático medidas para continuar reducindo a contaminación industrial e impulsando o uso de enerxías renovables

Santiago, 20 de xuño de 2017.- O portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Gonzalo Trenor, defendeu hoxe no Parlamento que a Xunta inclúa na Estratexia Galega de Cambio Climático e Transición Enerxética 2050 un conxunto de medidas orientadas a continuar reducindo os niveis de contaminación industrial; a seguir impulsando a produción e o uso de enerxías renovables e a diminuír as emisións de gases de efecto invernadoiro; e a seguir coa mellora da rede de estacións de control da contaminación atmosférica en Galicia.

Continue reading