Santiago, 21 de marzo de 2018.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita aos grupos parlamentarios nas Cortes Xerais para que contribúan a facilitar a tramitación, o debate e a aprobación en prazo dos orzamentos xerais do Estado para 2018. O portavoz popular, Pedro Puy, afirmou que “sería positivo que se aprobaran as contas xerais para a estabilidade política, beneficiaría a Galicia e por razóns democráticas”.
Tellado: “Queremos saber se Villares respalda ou reproba o comportamento de Paula Quinteiro”
Santiago, 21 de marzo de 2018.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, pediu explicacións ao portavoz parlamentario de En Marea, Luis Villares, sobre o altercado protagonizado pola súa deputada, Paula Quinteiro, coa Policía Local de Santiago o pasado fin de semana. “Queremos saber se Villares respalda ou reproba o comportamento dunha deputada do seu grupo que se viu involucrada nun episodio de utilización da violencia na rúa”, manifestou.
O PPdeG critica que os gobernos municipais de PSOE e En Marea non permitan o acceso ao rexistro de contratos menores
Santiago, 20 de marzo de 2018.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, manifestou hoxe que “calquera cidadán de Galicia ten acceso ao rexistro de contratos do sector público autonómico”, pero lamentou que “ao que non teñen acceso os cidadáns é aos contratos menores dos gobernos municipais socialistas ou das Mareas”.
Miguel Tellado reivindica a necesidade dun sistema de pensións «viable, sustentable e froito do consenso político»
Santiago, 20 de marzo de 2018.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, reivindicou este martes a necesidade dun sistema de pensións “viable, sustentable e froito do consenso político”, e cuxa reforma se debata fóra de loitas partidistas no foro axeitado, que é o Pacto de Toledo. “Debemos preocuparnos de garantir as pensións dos nosos pais, pero tamén as dos nosos fillos”, subliñou.
O GPP lamenta que En Marea e PSOE «pecharan calquera vía posible de acordo en materia de igualdade e loita contra a violencia de xénero»
Santiago, 20 de marzo de 2018.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, lamentou hoxe no Parlamento que tanto En Marea como PSOE “pecharan calquera vía posible para chegar a un acordo en materia de igualdade e loita contra a violencia de xénero, evitando consensuar aquelo no que coincidimos e deixando a un lado as posturas máis enfrontadas”.
O GPP subliña que tanto a Xunta como o PPdeG apoiaron e apoian a transferencia da AP-9 á Xunta de Galicia
Santiago, 20 de marzo de 2018.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos subliñou hoxe no Parlamento que “tanto a Xunta como o PPdeG apoiaron e apoian a reclamación para a transferencia da AP-9 á Administración galega”. Así mesmo, criticou a “falta de pudor” dos socialistas por cualificar de “aumento extraordinario” a suba das peaxes na AP-9 aprobada cando gobernaban e indicou que o BNG presente agora iniciativas sobre a autoestrada “por mala conciencia e para limpar o seu historial”.
O Parlamento aproba a modificación da Lei de Saúde, que blinda os hospitais comarcais e os consolida como servizo sanitario de futuro
Santiago, 20 de marzo de 2018.- O Pleno do Parlamento aprobou hoxe a modificación da Lei de saúde de Galicia, que blinda a existencia dos hospitais comarcais coa creación dos distritos sanitarios e os consolida como servizo sanitario de futuro en cada unha das súas zonas xeográficas. O portavoz de Sanidade, Aurelio Núñez Centeno, asegurou que esta nova lei “achegará o servizo sanitario á cidadanía, que recibirá unha atención máis próxima ao seu domicilio, garantindo a potenciación dos servizos e especialidades a nivel comarcal”.
Aurelio Núñez apuntou que o novo texto lexislativo “mellorará a coordinación entre atención primaria e hospitalaria, cunha cobertura realizada cos mesmos criterios asistenciais e de derivación entre centros, con protocolos únicos de área, e con maior interactuación de profesionais en ambos niveis asistenciais”.
Deste xeito, afirmou que son os grupos de En Marea, PSOE e BNG “os que están a poñer en risco a supervivencia dos hospitais comarcais, diante da dificultade coñecida que existe para cubrir as prazas dos mesmos, e a continua rotación e vacantes de profesionais que se producen”.
VOLUNTARIEDADE DOS PROFESIONAIS
O portavoz de Sanidade asegurou que a nova organización por área sanitaria “respectará en todo momento a voluntariedade dos profesionais, para axudar a acadar a cobertura das prazas de especialistas nos hospitais comarcais, regularizar o desprazamento de profesionais entre os distintos hospitais e facilitar a cobertura das posibles ausencias por permisos ou baixas”.
No eido da participación social, Núñez Centeno explicou que se desenvolve o Consello Galego de Saúde e os consellos de saúde de área e de distrito, ao tempo que se regula a existencia do Consello Asesor de Pacientes. Tamén se considera autoridade sanitaria ao persoal de inspección de servizos sanitarios e de saúde pública.
Aurelio Núñez salientou que a implantación das novas estruturas de xestión integrada no ano 2010 permitiu incrementar o número de consultas totais nos hospitais comarcais máis dun 15 por cento, evitando o desprazamento de máis de 260.000 pacientes aos hospitais das grandes cidades. Neste tempo, investíronse máis de 20 millóns de euros tanto en obras de mellora dos hospitais comarcais como en dotación tecnolóxica, aos que se suman 7,8 millóns previstos nos orzamentos da Xunta para o presente ano 2018.
COHERENCIA
“O sistema das EOXI mellorou a prestación dos hospitais comarcais, polo que o Grupo Popular apoia por coherencia esta lei que consolida ese sistema que foi claramente beneficioso para a cidadanía galega”, asegurou.
Fronte as críticas dos grupos da oposición pola suposta privatización da sanidade galega, Núñez Centeno lembrou que “a porcentaxe de consultas e intervencións derivadas á sanidade privada nos últimos cinco anos foi unicamente do 2,2 por cento, o que quere dicir que o 97,8 por cento das consultas e intervencións foron realizadas na sanidade pública”
Paula Prado pide aos sindicatos acabar cos inxustificables bloqueos cos que condenan á Xustiza galega
Santiago, 20 de marzo de 2018.- A viceportavoz e portavoz de Xustiza do Grupo Popular, Paula Prado, pediu responsabilidade aos sindicatos para rematar cos inxustificables bloqueos cos que condenan á Xustiza galega e prexudican á cidadanía xa que a oferta do Goberno galego cumpre o que pedían.
Reforma da Lei de Saúde, devolución plusvalía municipal indebidamente cobrada e aprobacion orzamentos do Estado, cuestións máis relevantes para o GPP no pleno desta semana
Santiago, 19 de marzo de 2018.- A aprobación definitiva da reforma da Lei de saúde de Galicia, a devolución da plusvalía municipal cobrada indebidamente e o impulso aos orzamentos do Estado que incluirán melloras nas pensións serán as tres cuestións relevantes sobre as que o Grupo Popular centrará o seu obxectivo no Pleno que se celebra esta semana.
O Grupo Popular defende que o Congreso preserve o Pacto de Toledo como instrumento para consensuar o avance e modernización do sistema de pensións
Santiago, 16 de marzo de 2018.- A deputada do Grupo Popular Cristina Romero demandou hoxe no Parlamento que os grupos parlamentarios do Congreso preserven o Pacto de Toledo como instrumento no que consensuar o avance, adaptación e modernización do sistema público de pensións. Así mesmo, manifestou o apoio á inclusión nos orzamentos do Estado para 2018 de axudas fiscais no IRPF para os pensionistas, así como dunha mellora das pensións mínimas e de viuvez.