O Grupo Popular critica que o proxecto de orzamentos do Estado para 2021 “manteña a taxa de reposición para o persoal sanitario”

Santiago, 10 de novembro de 2020.- A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, criticou hoxe que o proxecto de orzamentos do Estado para 2021 “manteña a taxa de reposición para o persoal sanitario que a existente, a pesar das numerosas solicitudes realizadas, tanto desde a Xunta de Galicia como desde o Parlamento galego, para que se elimine e poidan ser ofertadas por cada comunidade todos os postos que as necesidades asistenciais están a demandar”.

Continue reading

O PPdeG afirma que a nova Lei de ordenación do territorio será un paso máis na construción da Galicia verde

Santiago, 10 de novembro de 2020.- O deputado popular Martín Fernández Prado asegurou hoxe no Parlamento galego que a nova Lei de ordenación do territorio, que superou no Pleno o debate de totalidade, establece “os criterios xerais para ordenar as actividades sobre o solo, que é un ben limitado e moi sensible, para facer un desenvolvemento sostible, equilibrado e salvagardando os valores naturais”. Neste sentido, sinalou que con esta nova norma “pechamos a renovación e a redacción de novos textos lexislativos que completan a regulación territorial e urbanística na Comunidade galega”.

Continue reading

O Grupo Popular afirma que a nova Lei de pesca continental garantirá a práctica deportiva e recreativa coa conservación da natureza

Santiago, 10 de novembro de 2020.- A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Marisol Díaz Mouteira, afirmou hoxe no Parlamento que a nova Lei de pesca continental, que hoxe superou o debate de totalidade no Pleno, dotará a Galicia “dun instrumento que garanta a conciliación da práctica deportiva e recreativa da pesca coa conservación da natureza e o respecto á biodiversidade, plenamente conscientes de que a posta en valor do noso entorno natural é unha premisa básica para a súa protección”.

Continue reading

Pedro Puy cualifica o teito de gasto para 2021 como “realista” para impulsar a recuperación económica e ás demandas dos sectores afectados

Santiago, 9 de novembro de 2020.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, cualificou hoxe o teito de gasto, que mañá se debaterá e aprobará no Pleno do Parlamento, de “realista” co que a Xunta “intenta dar resposta con recursos para a recuperación da economía, ás demandas sociais e permitir a posta en marcha de medidas directas de axuda aos sectores afectados pola pandemia”. Respecto das axudas á hostalería, Puy sinalou que as anunciadas pola Xunta son “significativas”, pero demandou maior implicación tanto do Goberno central como dos concellos na rebaixa de impostos como o IVE ou o IBI.

Continue reading

O Grupo Popular afirma que a Xunta asumirá o vindeiro ano a xestión directa do programa de alugueiro de vivendas baleiras

Santiago, 6 de novembro de 2020.- A portavoz de Vivenda do Grupo Popular, Marisol Díaz Mouteira, afirmou no Parlamento que a Xunta de Galicia asumirá o vindeiro ano a xestión directa do programa de alugueiro de vivendas baleiras, ao tempo que porá en marcha un programa específico de axudas ao alugueiro para menores de 35 anos, coa particularidade de que neste caso os alugueiros serán con opción de compra ata o quinto ano mantendo o prezo da vivenda establecido no contrato de arrendamento.

Continue reading

O Grupo Popular apoia demandar que se axilice o calendario de inspeccións itinerantes para vehículos agrícolas

Santiago, 5 de novembro de 2020.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento galego a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se demanda á Xunta que axilice o calendario de inspeccións itinerantes para vehículos agrícolas, ao tempo que se pide ao Goberno central que amplíe a prórroga das inspeccións o tempo que faga falta como única maneira de asegurar que tractores e outra maquinaria circulen dentro da legalidade mentres agardan pola revisión.

Continue reading