Santiago, 20 de decembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Comisión Mixta Ministerio de Fomento-Xunta de Galicia para a xestión da AP-9 a que estude posibles fórmulas para a supresión da peaxe na Ponte de Rande no tramo Vigo-Redondela.
O PPdeG apoia instar a Ferroglobe a que potencie o ciclo de produción de silicio solar en todas as súas fases en Galicia
Santiago, 20 de decembro de 2017.- O Grupo Popular apoiou este mércores no Parlamento unha iniciativa para instar á empresa Ferroglobe a que aposte por Galicia para potenciar o ciclo de produción de silicio solar en todas as súas fases.
O GPP considera que establecer novas obrigas normativas sobre o uso do galego podería favorecer o efecto contrario ao desexado
Santiago, 19 de decembro de 2017.- O portavoz de Cultura do Grupo Popular, César Fernández Gil, afirmou hoxe no debate no Pleno do Parlamento da iniciativa lexislativa popular de medidas para a garantía dos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico que “o establecemento de novas obrigas pola vía normativa, coa correspondente posibilidade de infraccións e sancións e a necesidade de incorrer en novos custos que non todas as empresas estarían en condicións de asumir, podería favorecer o efecto contrario ao desexado e entender como unha obriga formal a utilización do galego”.
O Parlamento aproba a Lei de espectáculos públicos e actividades recreativas, co aval da oposición ao 70% do articulado
Santiago, 19 de decembro de 2017.- O Parlamento galego aprobou hoxe, coa abstención de todos os grupos da oposición, a Lei de espectáculos públicos e actividades recreativas, “unha boa lei, razoable e froito do diálogo, que recolle aportacións de todo o sector e na que o 70 por cento do articulado conta co aval da oposición”, concretou o deputado popular Alberto Pazos.
O Parlamento aproba a Lei de medidas que acompañan aos orzamentos, na que se consensúan cuestións fundamentais para o futuro forestal de Galicia
Santiago, 19 de decembro de 2017.- O Parlamento galego aprobou esta tarde a Lei de medidas fiscais e administrativas que acompañan aos orzamentos da Xunta para 2018. A viceportavoz popular, Paula Prado, salientou as transaccións acordadas para a modificación da Lei de prevención e defensa dos incendios forestais e felicitouse “porque fomos quen de consensuar cuestións fundamentais para o futuro forestal de Galicia”.
Pedro Puy afirma que os orzamentos da Xunta para 2018 «responden ás necesidades de Galicia e son coherentes para cumprir o que recollemos no programa electoral»
Santiago, 19 de decembro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe que “apoiamos a aprobación dos orzamentos da Xunta para 2018 porque responden ás necesidades de Galicia e son coherentes para cumprir o que recollemos no noso programa electoral”.
Pedro Puy salienta que o pleno aprobará, por terceiro ano consecutivo, uns orzamentos expansivos da Xunta de Galicia
Santiago, 18 de decembro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe que o Parlamento galego aprobará mañá, “por terceiro ano consecutivo, uns orzamentos expansivos da Xunta de Galicia, dotados con 9487 millóns de euros de gasto non financeiro que poderemos dedicar a gasto social e a máis investimento produtivo, ao tempo que mantemos unha presión fiscal progresiva pero máis reducida”.
Pedro Puy cualifica de «frutífero» o debate dos orzamentos da Xunta para 2018
Santiago, 17 de decembro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, cualificou hoxe de “frutífero” o debate xeral dos orzamentos da Xunta para 2018, que o vindeiro martes serán debatidos para a súa aprobación definitiva polo Pleno do Parlamento. Nunha entrevista na Cadena SER, Puy indicou que no Partido Popular “estamos abertos a reformas da Constitución” sempre “que haxa consenso”, porque “a idea é que sexa un marco que todos aceptemos como regras de xogo”.
Moisés Blanco salienta a «axilidade e planificación» da Xunta para poñer axudas a disposición dos afectados pola seca
Santiago, 15 de decembro de 2017.- O deputado do Grupo Popular Moisés Blanco salientou hoxe “a axilidade e planificación” realizada pola Xunta de Galicia declarando a prealerta e alerta pola seca e poñendo axudas a disposición dos afectados en Galicia.
Tellado pide explicacións a Caballero sobre o paradoiro dos 180 millóns non gastados no abastecemento en Vigo
Santiago, 15 de decembro de 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, pediu explicacións esta mañá ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, sobre o paradoiro dos 180 millóns de euros que non se gastaron no abastecemento de auga neste municipio.